19.7.06

Novas da Xunta

Desde hai tempo no meu lector de feeds teño as novas da Xunta. O máis curioso do caso é que desde hai xa dúas semanas observo que só inclúen as novas das consellarías do PSdeG-PSOE e das actividades do presidente Touriño. É que rachou o acordo informativo existente entre as dúas forzas do bipartito? Creo que esta é unha mala nova.

Etiquetas:

Marcadores:

10 Comments:

Anonymous Anônimo said...

A verdade e que é un pouco ridículo todo esto. Se non son capaces de acordar unha política de comunicación común da medo pensar como coordinan as decisións verdadeiramente importantes. Están a facer o ridículo ante a opinión pública cos seus mensaxes cruzados e avisos a navegantes, e poñendo en perigo o fortalecemento dunha maioría de progreso.

10:38 AM  
Blogger Ian said...

Rachau como consecuencia do desacordo das licenzas de Televisión dixital.

1:05 PM  
Anonymous Anônimo said...

Disque o Faro de Vigo non era galego. Que era do grupo Moll. Isa foi a razón da ruptura? Preferían ós do Progreso? Triste país.

3:11 PM  
Anonymous Anônimo said...

Si, triste país no que o partido (máis) gobernante vende os intereses obxectivos de todo un país polos compromisos adquiridos por Pepe Blanco en Ferraz (que por se non o sabes, queda en Madrid).

Porque si, meu amigo, o grupo Prensa Ibérica (antes grupo Moll, actualízate) non é galego. Porque o grupo Prisa o é menos aínda e ten escasísima presenza en Galicia, que lle foi garantida grazas á súa man co PSOE.

É incrible que vendan o país tan barato. É incrible que o panorama mediático galego empeore precisamente cando chegan ao poder as forzas da esquerda.

E o Faro, perdón sr. Brétemas porque vostede colabora nel, é un mal xornal en si mesmo, pero como xornal galego é nefasto.

Non falo de ningunha liña editorial concreta, atención, só digo que todo é salvable mentres a propiedade sexa galega. Cando non o é xa está todo perdido.

E o país está tan mal, mediaticamente falando, que ata hai que defender á Voz, que si, pode que non nos guste, pero é a mellor empresa, a que mellor paga aos seus traballadores, a que mellores xornalistas ten, e a que máis defende ao seu país. [Nunca na miña vida pensei dicir isto.]

E insisto en que o máis triste de todo é que nin Fernando Salgado (ese plenipotenciario secretario xeral) nin o mesmísimo presidente da Xunta tiveron nada que ver no cochambroso espectáculo daquel xoves en que uns cantos venderon o país por catro pesetas.

6:51 PM  
Blogger Brétemas said...

As teses sobre o determinismo da propiedade galega son as que dende hai tempo veño denominando como "síndrome do pecado orixinal". Acaso os profesionais non pintan nada no asunto? A independencia informativa e credibilidade dun medio ven avalada pola propiedade galega?
Os membros do bipartito teñen a obriga de recompoñer o seu acordo informativo diante da cidadanía galega. Temo que se a tea comeza a esfiañarse por aí, vai durar ben pouco.

10:01 PM  
Anonymous Anônimo said...

Sobran os teus comentarios sobre a miña falta de actualización: sei ben de quen é o FARO DE VIGO, tan mítico que a xente de Vigo e bisbarra o identifica co xornal por antonomasia. O cuaderniño de La Voz de Galicia de Vigo (pon ti as intencións) chama o FARO xornal de Chapela con capital catalán. La Voz de Galicia, El Progreso son de propiedade galega e tamén La Región (Atlántico Diario) e probablemente El Ideal Gallego e os diarios de Ferrol, Arousa e Pontevedra. La Voz de Ortigueira dame que tamén. Por seren galegos, son mellores? Qué é ser un xornal galego? Sólo é galego o semanario A nosa terra? Cando digo triste país, a isto me refiro. Ónde se expiden as patentes de galego?
Qué quere dicir "recompoñer o seu acordo informativo diante da cidadanía galega"?

3:00 PM  
Blogger Brétemas said...

"Recompoñer o seu acordo informativo" fai referencia ao acordo ("contrato coa cidadanía") asinado en xullo de 2005. Desgrazadamente o PSdeG-PSOE na adxudicación das TDT semella que o rompeu. Teño confianza que pasadas as vacacións e iniciado o novo curso político (coa perspectiva do remate do debate estatutario) as cousas volvan ao rego. Canto menos esa é a esperanza que temos moitos.

12:36 AM  
Anonymous Anônimo said...

Permítome reproducir o epígrafe referente a MEDIOS DE COMUNICACIÓN do acordo PSOE-BNG. Ónde están os incumprimentos? Pregúntoo inocentemente, por pura ignorancia.

"- Elaboración dunha lei que garanta a autonomía e o carácter de servizo público da CRTVG. Esta lei establecerá o nomeamento do director xeral por maioría cualificada do Parlamento e garantirá o acceso dos distintos sectores e organizacións sociais galegos aos medios de comunicación públicos.

- Establecemento dunha regulación transparente e obxectiva das relacións coas empresas privadas de comunicación, ligándoas en todo caso ao cumprimento efectivo de fins de interese público, na procura dunha opinión pública galega plural.

- Incremento, ouvidos os representantes do sector, da porcentaxe horaria de emisión en lingua galega, de produción propia e de produción galega en todas as concesións de radio e de TV.

- O Goberno galego procurará acadar un aumento de horas de emisión para o país, tanto da radio como da televisión públicas estatais que emiten en Galicia, o fomento da produción propia no centro territorial, un maior uso da lingua galega e a recuperación dunha frecuencia radiofónica emitida integralmente en lingua galega e centrada na información sobre a economía, a sociedade, a cultura e a política de Galicia."

Produción galega é igual a propiedade galega?

1:01 PM  
Blogger Brétemas said...

Pois meu amigo anónimo, creo que a nosa intepretación de, canto menos, o segundo parágrafo non coincide.

7:48 PM  
Anonymous Anônimo said...

Eu xa dixen que non sabía a qué se refería a recomposición do acordo: agora parece máis claro. Eu solo coñezo a análise de A nosa terra e deume a impresión de que a rachada foi polo terceiro parágrafo e non polo segundo. En todo caso, os políticos e profesionais do xornalismo gustan sinceiramente das regulacións transparentes?

12:41 PM  

Postar um comentário

<< Home