16.7.06

Pobres festas

No artigo da semana critico o "programa" de concertos das festas de Vigo. Unha tristeza máis provocada pola anemia política da cidade revolcada.
Etiquetas: ,

Marcadores: , , ,

7 Comments:

Blogger Martin Pawley said...

Vostedes teñen a Toquinho e Milton Nascimento, a Gal Costa, a Franz Ferdinand. Nós, na Coruña, a Camela, a Coti e a Carlos Baute (vale, certo, tamén a Paul Weller). E en Santiago, este ano... ¿Rosa? ¿La Oreja de Van Gogh?

8:18 PM  
Blogger Martin Pawley said...

E ademais, teñen un ciclo ao ar libre estupendo ;-)

8:19 PM  
Anonymous Anônimo said...

Totalmente de acordo, Manolo. Igual non hai presenza galega por iso de "evitar as aglomeracións", como cando o Día do Libro...

8:32 PM  
Blogger Alberte said...

Estou dacordo con pawley:non é o mellor pero dentro do que cabe non está mal tendo en conta os dos anos pasados. Este ano vén Helloween (mágoa que non esté en Galiza para ilo desfrutar) e non hai ningunha Pantoja como o ano anterior. Eu quero que veña System of a Down, pero...

8:51 PM  
Blogger David said...

Hola. Non penso que se poda calificar a Franz Ferdinand e Pet Shop Boys de grupos de segunda ou tercera fila e, moito menos, de socialmente irrelevantes. Considero un logro que un goberno de PP leve ás súas festas municipais a un icono gay-proletario e non a un Triunfito. E o da ausencia de grupos galegos.... bueno, habería que falar cos señores de Estrella Galicia e preguntarlle os criterios para seleccionar ós seus artistas do aniversario. Saúdos dende A Coruña.

3:11 PM  
Anonymous Anônimo said...

Penso que cando alguén acusa a Franz Ferdinand de grupo de medio pelo non merece sequera que lle contestemos, a súa incultura musical queda patente nas súas palabras, pero... non podo resistirme. Sorpréndeme tanto en vostede, señor Bragado, normalmente tan ponderado, este absurdo e furibundo ataque ao PP, coas festas por medio. Ataque ao PP, pero déixenos disfrutar ao resto do mellor concerto do verán galego, o de Franz Ferdinand. E non volte a compararnos con Santiago e Coruña, nestas cidades tocan Camela, Rosa de España, o Koala e El Arrebato, ah, sí, e Paul Weller como gran estrela. Por favor, señor Bragado, continué falando de libros, sabe moitísimo máis deles que de música!!!!

11:24 AM  
Anonymous Anônimo said...

O programa de concertos de Vigo para este verán é o máis pulcro que recordo en anos. Creo que so tes un comentario afortunado na túa columna do Faro: ¿onde están os artistas galegos? É certo que Galicia vive momentos moi emocionantes no que se refire ao musical. Hai grupos novos de rock revirado, como Triangulo de Amor Bizarro, ou unha aposta sería por facer pop en galego comercial e que non da a espalda á tradición: Emilio Rúa. Tendo en conta a poder dunha sección como a que tes no periódico, pediríche máis precisión e críticas argumentadas e documentadas. Galicia aínda ten unha cultura musical pop -por eso de popular; música non culta- prehistórica, e necesita moitos máis concertos. Un saúdo dende Cangas.

6:15 PM  

Postar um comentário

<< Home