
Hoxe rematamos o módulo de "Promoción editorial e edición en Galicia" que levamos impartindo no
Máster de Edición. Como xa sucedera o
pasado ano, esta experiencia docente obrigounos a sistematizar e reflexionar sobre o traballo cotián e sobre a nosa propia concepción da edición cultural. Como remate das nove sesións, traballaremos na aula de informática sobre a promoción editorial en Internet, un eido cada vez máis importante: se o libro non está na rede, non existe? O repaso de
catálogos editoriais electrónicos galegos, os sistemas de presentación de
novidades, os novos
soportes publicitarios na rede, a nova
crítica literaria electrónica ou os
blogs sobre
edición e
lectura serán, entre outras, iniciativas que visitaremos..
Marcadores: Promoción do libro
1 Comments:
Conque só fose a metade de entretida que o ano pasado, pode darse por satisfeito.
Interesante e instrutivo a partes iguais.
Postar um comentário
<< Home