2.10.06

Mudanzas na comercialización?

Dous comentarios do post de onte fan referencia a aspectos relacionados coa comercialización do libro editado en Galicia. Comparando os datos do estudo de 2005 cos do ano anterior atopamos algúns datos que non nos cadran. U-los erros dos investigadores?

As librarías
En 2005, as súas vendas supuxeron o 64,2 % (14,5 millóns de €), mentres que en 2004 foron só o 35,3% (8 millóns de €). Datos que amosarían un crecemento espectacular das vendas en librarías durante este último ano, feito que, polas impresións recibidas polos profesionais do sector, non semella verosímil.
Cadeas de librarías
En 2005, ascenderon o 7,8% (1,76 millóns de €), mentres en 2004 foron o 4,4 % (1 millón de €). Crecemento que parece razoable debido á aparición de novos establecementos deste tipo.
Hipermercados
En 2005, subiron ata 0 4,2 % (940 mil €), mentres en 2004 foron o 3,1 % (700 mil €). Outro dato razoable, que indica a tendencia ao lixeiro crecemento, polo momento, desta canle en Galicia, especialmente na campaña do libro de texto de setembro.
Vendas institucionais e a empresas
En 2005 , o 11,6 % (2,62 millóns de €), mentres en 2004 foron o 13,8% (3,10 millóns de €). Lixeiro decrecemento tamén doadamente explicable polo "parón" producido desde o segundo semestre de 2005 e que o sector arrastra ata a actualidade.
Bibliotecas
En 2005, o 2,1 % (480 mil €), mentres en 2004 foron o 4,3 % (970 mil €). Decrecemento, tamén, previsible no novo contexto, aínda que inexplicable en termos de política cultural.
Venda a crédito
En 2005, baixaron ata o 7,3 % (1,64 millón de €), mentres en 2004 foron o 24, 4 % (5,48 millóns de €). Datos que supoñerían un decrecemento espectacular desta canle nun só ano. Tendencia que coñeciamos, mais que semella demasiado acusada para producirse nun só exercicio.
Clubes do libro
En 2005, supuxeron o 0,6 % (130 mil €), mentres en 2004 foron o 1,2 % (260 mil €). Decrecemento que supón un 50 % nun só ano. ?
Internet
En 2005, 0 0,7 % (160 mil €), mentres en 2004 foron o 0,1 % (10 mil €). Crecemento espectacular desta canle, explicable pola aparición de novos operadores e do desenvolvemento desta canle.

Se todos os datos fosen certos, en 2005 aumentarían a súa participación nas vendas do libro editado en Galicia as librarías, as cadeas de librarías, os hipermercados e Internet; mentres baixarían as vendas en bibliotecas, institucións e empresas, clubes do libro e, sobre todo, a venda a crédito.
Entendo que os datos amosan tendencias, dificilmente cuestionables; porén, non semella que as súas magnitudes sexan totalmente fiables. Precisamos dese gran estudo do mercado do libro galego que clarifique unha situación comercial bastante confusa.

Etiquetas: ,

Marcadores: ,

2 Comments:

Anonymous Anônimo said...

A súa pregunta é: "U-los erros dos investigadores?" Busque a resposta no que xa sabe e anteriormente mencionou: "sobre un universo dunha enquisa realizada sobre 31 editoriais"

Non creo que quen recompliu os datos fixera mal as contas , tendo a crer que llas deron mal feitas. U-los profesionais do sector?

1:26 PM  
Anonymous mudanzas said...

Un blog moi interesante. Saúdos

9:24 PM  

Postar um comentário

<< Home