1.10.06

Encontro Blogs e Libros

O primeiro Encontro Blogs e Libros resultou un éxito. Xuntámonos case vinte blogueiros para conversar durante tres intensas horas sobre as relacións dos blogs cos libros (aínda que despois do falado sería mellor dicir "coa lectura"). Froito do encontro foi a constitución do Grupo Blogs e Libros e a convocatoria dun novo encontro, coordinado por Javier Celaya.
Este encontro informal desenvolveuse en base a tres grandes quendas de intervencións. A primeira de presentacións dos participantes (e das características de cadanseu blog). A segunda, o cerne da conversa, para abrir liñas de debate e repensar algunhas sobre a relación actual entre libros e blogs. A terceira, sen pretensións de elaborar conclusións, para organizar minimamente o grupo e preparar o seguinte encontro.
As liñas e temas de debate postos sobre a mesa foron moi numerosos. Entre outras, tomei notas das seguintes:
Rematou o encontro cos acordos de dinamizar estes temas de debate nos blogs para completalas no wiqui e publicar unha nota de prensa que recollese os temas abordados.
Máis achegas sobre o Encontro:
Etiquetas: ,

Marcadores: , ,

5 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Semella interesante.

Unha aperta.
:)

2:56 PM  
Anonymous Anônimo said...

Habería que pensar en algo así para o país...

4:54 PM  
Blogger Brétemas said...

Se hai un grupo de blogueiros e blogueiras con interese, podriamos organizalo. Un encontro monográfico de xente do blogomillo interesada na cuestión da lectura pode ser moi interesante. Desde aquí lanzamos a proposta.

5:54 PM  
Anonymous Anônimo said...

Estou interesado na proposta malia vivir e traballar en Cataluña (ando a procurar o regreso).Poderiamos argallar un monográfico en data axeitada.

8:43 AM  
Blogger Unknown said...

Fai moita falta outra iniciativa como ista para Galiza. Contade conmigo. A utilidade da Rede e os blogs para os textos en linguas coma a nosa e moito máis importante.

9:07 AM  

Postar um comentário

<< Home