27.11.06

Blúmsdei, gañador do Táboa Redonda 2006

Blúmsdei de Cid Cabido foi a obra gañadora do Premio Táboa Redonda ao mellor Libro Galego do ano 2006, outorgado entre os seus lectores polo Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo. A pesar de que esta novela non foi nin presentada en actos públicos nin apareceron entrevistas ningunhas nos medios, por desexo do seu autor, semella que, aínda así, puido abrirse unha fenda no interese e no apoio dos lectores. Ata agora foron escasas as referencias críticas aparecidas, coa excepción, que coñezamos nós, dos textos de Syldabija e Manuel Rodríguez Alonso. Agardamos que este recoñecemento axude a visibilizar unha obra que, afastándose das convencións da narrativa de ficción clásica, empregando a adxetivación especular ou simétrica e os constantes cambios de rexistro idiomático, aposta por liñas de literatura de investigación. Beizóns para Cid Cabido.

Marcadores: , , ,

10 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Non lle falta a da Voz

1:06 AM  
Anonymous Anônimo said...

Señor Bretemas, Congratúlome de premio a Cid Cabido. Foi unha obra que pasou pasou, ou pasaba silandeira, como outras, poño por caso a de Naval, unha cita co aire, e que mereren mais atención. Porque se ben estas como outras son obras que poden non ser redondas, teñe acertos, e hai unha esixencia que cando menos serbe de exemplo para lectores e escritores novos.
O que me escandaliza é o premio Xerais deste ano, remato de lela e non saio do meu asombro. Como unha peza como Tres segundos de memoria, pode levar o premio Xerais. Asústome, non é que non haxa estructura de novela, que eso é discutivel, é que non ten nin a forza dunha extructura inmanente. Non ofrece literariamente ningún valor, resulta unha sorte de diario do tedio dun rapaz, non tan rapaz, abordado sen xenio, sen imaxinación. Eso si cun valor permanete: o de ser un "novo xoven". A min que algún tempo levo nesto da literatura, so me sairía dicirlle ao autor, que seguise escribindo, é dicir intentandoo, e que cando tivese algo mellor , xa se falaría, asesorarialle literariamente, ou enviariao a onde o asesorarían mellor. Este premio, como todo premio con sona, resulta un fortalecemento do canon que vai implicito na obra premiado, e ao concederllo a esta obra, o que din vostede é o seguinte: Xovenes, tedes futuro literario pola vosa xuventude, escribide asi, sen esixencia, dende a superficialmente, o que importa e cara e para adiante, o futuro é voso, non perdades o tempo formándovos, nen dandolle demasiadas voltas para ter precisión na escrita. O que importan é estar non lugar oportuno no momento adecuado e o demais son lerias, profundizar, "que nos fai moito dano", lembrame aquelo de que pensar da dor de cabeza.
Ao premiar unha obra destas caracteristicas vostedes indudabelmente apostan polo mercado, pero no mercado importa a mercancia, e estos vostedes os editores , as veces esquecenno con demasiada frecuencia, a mercandia é literatura, e de pouco serbirán os premios e as promocións se a mercancia é un fraude. O unico que conseguiran e queimar mais o sistema literario galego , pola parte mais delicada e fundamental: o lectorado.
Vostedes editores teñen unha grande responsabilidade neste sistema, como outros axentes, e vostedes escúdanse demasiado no escaso lectorado e na baixa calidade da producción literario, escondendo a súa responsabilidade, vostedes teñen nn enganar no que ofrecen, non cometer fradude, non viciar, non estragar o lectorado, e con premios como este elevan a simpleza e a mala literatura a unha categoria que resulta un insulto para outros autores. Un insulto a intelixencia e a capacidade de apreciación estética. A outros autores que chegan as editoriais díselles que, a obra adocece de estructura, que falla o punto de vista que....Que poden dicir vostedes dispois de conceder este premio a esta obra?
Será que hai que ser xoven, e ir de novo, de novo xoven, e ter un perfil, dar o perfil para facer literatura a salvo de criticas, para que todo esté permitido. Parceme ben , m oi ben que apoien aos novos novissimos, estupendo, o que non me parece ben e que por ser novo e dar o perfil lle collan vostedes as suas tonterias e o preparen como un producto de exito. Pareceme mal que a eses novos non se lles anime tamén a millorarse, a facerse litarariamente. Que se lles poña en primeira plana cunha producción lamentalbel, non´os culpo a eles, eles fan o que poden, senón a vostedes, os ëditores. Pero ao fin o que vostedes ofrecen é literatura, e co tempo, os malos productos caen e sabese da súa duración pola súa calidade. O malo é que esta actitude faille moito mal a unha literatura como a nosa, non normalizada, distorsionada, e cun medios tan cativos. Disculpe o meu enfado, quizais apreciabel de mais, pero é que me parece un comportamento pouco ético, unha falta de respeto repito a moitos autores e ao mesmo lectorado.
E pido disculpas ao autor premiado, porque non vai con el, para nada, para min que tiña que traballar mais literariamente. E disculpe que non poña o meu nome, e que ao mellor algún dá voulle cunha obra para que a publique, e un nunca sabe...nunca sabe...

1:14 PM  
Anonymous Anônimo said...

Noraboa para Cid Cabido, a ver se lle tiran unha foto e vemos que feo é. Renunciará ao seu salingueriano anonimato?.

Eu tamén lin a Novela de Ameixeiras. A longa nota anterior semella redactada por un resentido - refírome a algúén que se presentou ao premio sen lle sacar proveito, con todos os meus respectos. A novela lese, un premio. Eu non sei que agardan os lectores en galego: quizais que todo sexa obra mestra. Aos que nos gusta ler cousas intranscentes, pois a novela, éche do máis light. Creo que Ameixeiras debería saír máis da casa e frecuentar outros tipos de ambientes, para enriquecer o texto. Pero, en cerne, soubo darlle un aquel a esa falta de expectativas que nos propón a sociedade actual, a desgana, e as ganas de foder e comer. Porque somos un fardo de proteinas e esperma, despois de todo. Xa ves que o Ciros e as vinotecas sonche un negocio en auxe.

Veña, Brétemas, o que queira berrar que vaia a Grada de Rio.

7:04 PM  
Anonymous Anônimo said...

Pois si, presenteime ao Xerais, e saín escaldado...resentido. Si é non hai nada de malo en esto, quizais ata de lucidez.

12:35 AM  
Anonymous Anônimo said...

Eu tamén lin a novela de Ameixeiras. Fíxeno levado por unha frase dese autor que vin nunha revista, que me pareceu xenial e que xa fixen miña: "chamar imbéciles e escuros aos que non nos entenden é dunha soberbia incomprensible nun pobo que vai de derrota en derrota" (sic). Descoñezo o nivel das novelas que se presentaron ao premio (eu non me presentei) pero a verdade é que me resultou algo decepcionante (quizais a frase antes referida é demasiado boa e marca un nivel altísimo).
Non entendo case nada de literatura, pero non me gustan as novelas nas que as personaxes non falan nin actuan como se supón segundo son descritos. Por exemplo, para mín que un borracho non pode falar como Séneca ou Heidegger. Unha cousa é esbardallar coa lingua trabada e outra moi distinta artellar un discurso sobre a vida cun contido e unha linguaxe propio dunha clase maxistral cando un non se ten en pé.
Dixo Ameixeiras nun periódico que lle resultara moi difícil crear unha xerga urbana en galego e creollo ben, pero tamén creo que tentar crear unha xerga que ou non existe ou non coñece para poñela en boca duns rapaces do postfracaso nunha novela que pretende ser realista (unha especie de diario) é algo que non casa: se é realista os mozos terán que falar como falan, e se falan en castelán ou en castrapo, pois así será (digo eu, que repito que non entendo moito).
A novela, por outra banda, é moi entretida e ten momentos brillantes. Lese con gusto.

10:14 AM  
Anonymous Anônimo said...

Pero aquí de quen había que falar era de Cid Cabido,non?

11:38 AM  
Anonymous Anônimo said...

Si, estaría ben unha novela castrapa, era xa o que nos faltaba. Tamén na TVG cada vez saen máis invitados en debates e personaxes en series falando castelán. E porque non, directamente xa todo en castelán, que se entiende mejor y se acerca más a la realidad de los jóvenes.
Enfin, que eu tampouco entendo moito.

1:54 PM  
Anonymous Anônimo said...

Anonimo 2: ti si que lle fas dano á literatura galega, e non a noveloa de Diego.

10:36 PM  
Anonymous Anônimo said...

sairon criticas en a nosa terra e en tempos novos pero seica os editores non teñen tempo de leer prensa galega

11:10 PM  
Blogger Brétemas said...

Claro que lemos a prensa galega, e moito máis eses dous medios que tanto apreciamos polo moito que están facendo polo libro galego. Referíame aos textos dispoñibles na rede. Non me cansarei de insistir na importancia deste soporte alternativo para dar maior visibilidade a nosa creación cultural.

11:23 PM  

Postar um comentário

<< Home