28.12.06

Iniciativa Man de Camelle

Oportunísima a páxina de hoxe de La Voz de Galicia recordando o cuarto aniversario do falecemento de Man de Camelle. É inxustificable o esquezo por parte das institucións públicas galegas (dende a Consellaría de Cultura, a Deputación da Coruña ata o propio concello de Camariñas) dunha figura que simbolizou, como poucas, a comunión do home co mar e a coherencia radical dunha persoa coa súa conciencia. Poñer en valor o legado artístico do seu Museo, como reivindica Xoán Abeleira no seu libro e como esixen os milleiros de asinantes da Iniciativa Man de Camelle, é un acto de estrita xustiza e de autoestima da sociedade galega que se mobilizou contra o chapapote. Man merece non ser esquecido.
Etiquetas: ,

Marcadores: , , ,

3 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Por contraste, hoxe a TVG emitiu un especial sobre "John Balan" o cowboy de Pontevedra, chegando a definilo (sic) como un heroi artistico galego. E eso falando dun personaxe que soltaba perlas como: "aí deume o complexo de superioridade e empecei a dicir que eu era americano" Do alemán de camelle nen unha palabra, claro, a fin de contas por máis de galego, nunca será un dos nosos, non?

7:37 PM  
Anonymous Anônimo said...

Man, o home que elexíu o paraíso de Camelle para dar vida aos seus soños. Criatura mariña, crustáceo eternamente enraizado ao areal e as rochas, intérprete das mareas, inventor dun tempo distinto, creador de formas. Traductor das voces oceánicas. Alma preservada para sempre en custodia de sal. Marusía da nosa memoria.

9:20 AM  
Anonymous Anônimo said...

Día das Letras Galegas 2008
Un aforismo en galego para Man

Man chegou a Galicia a principios do ano 1962 e namorouse perdidamente da Costa da Morte. Tanto foi o seu amor por ela que nunca máis a abandonou e xacerá aquí para sempre.

Manfred foi un emigrante moi particular. Non deixou “alá” unha familia que esperase diñeiro para manter e educar os seus fillos, mellorar a vivenda e aforrar. Tampouco abrigaba algún desexo pasional por regresar ao seu terruño ao lado dos seus. Chegou a Camelle para quedarse e nunca se debateu diante do dilema de regresar ou non regresar a Böhringen-Radolfzell, o seu pobo natal. Durante os últimos 40 anos de vida, Camelle foi a súa patria e os camelláns os seus compatriotas.

A súa paixón pola natureza galega foi tanta que o levou á morte. Tralo derrame do Prestige, non soportou a agonía do seu museo, do seu pedaciño de Costa da Morte e sinxelamente se deixou morrer.

Octavio Paz escribiu: “...cada quen ten a morte que busca, a morte que fai. Morte de cristián e morte de can son maneiras de morrer que reflicten maneiras de vivir. Se a morte nos traiciona e morremos de mala maneira, todos se lamentan: hai que morrer como se vive... “(1) A Manfred non o traicionou a morte, morreu como viviu, como un lírico destas terras, pois a súa vida, esculturas, pinturas, debuxos, fotos e aforismos foron un colage de el mesmo e da costa galega, a súa arte estivo impregnada do mundo no que decidiu aillarse: Camelle.

O Concello de Camariñas invita unha acción para recordar e promocionar o traballo que realizou Man, o alemán de Camelle. Para iso edita un díptico con aforismos e debuxos do artista.

Quen queira recibir o díptico a volta de correos, debe escribir, antes do 15 de maio, nunha tarxeta postal co seu nome, dirección de correos e un aforismo en galego para Man. Os aforismos enviados serán lidos e expostos na Casa do Alemán o 17 de maio, “Día das Letras Galegas”.

Dirección:
Un aforismo en galego para Man
Casa do Alemán
Calle Muelle
15121 Camelle, A Coruña
España


(1)
Octavio Paz: El laberinto de la soledad. Colección Popular. Fondo de Cultura Económica. Décima edición. Página 44.

5:37 PM  

Postar um comentário

<< Home