Inédito

Marcadores: Artes Visuais, Blogs
Notas do traballo de edición

Marcadores: Artes Visuais, Blogs
Marcadores: Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Publicidade, Recurso_didáctico, Vigo
No artigo da semana ofrezo unha crónica da nova exposición de Victoria Diehl, «Frías, fráxiles e durmientes», encadrada en «PhotoGalicia 2008». A magnífica exposición pode verse na sede de Policarpo Sanz da Fundación Caixa Galicia de Vigo.Marcadores: Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada
Entre a xeración de novos fotógrafos galegos formada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, ademais do meu admirado Fran Herbello, sempre me gustou o traballo da coruñesa Victoria Diehl. O seu libro Vida e morte das estatuas seméllame impresionante; outrosí sucede coa serie O corpo vulnerable, traballos nos que realiza unha revisión moi orixinal do patetismo da escultura barroca italiana.Marcadores: Artes Visuais
No artigo da semana presento a exposición de Fino Lorenzo aberta na viguesa Casa das Artes.Marcadores: Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Exposicións
O escultor australiano Nicholas Jones fai estas pezas a partir de libros. Os libros impresos, ademais de para ser lidos, poden ser transofrmados e moldeados como arxila?Marcadores: Artes Visuais, Libro
Ten moi boa pinta o programa da IIª Feira do proxecto-edición.Marcadores: Artes Visuais, Edición, Eventos
Onte acudimos ao chamado do escritor Carlos Reigosa e do pintor Antón Lamazares para asistir aos actos da homenaxe a Laxeiro en Lalín con motivo do centenario do seu nacemento. Sen dúbida, a xornada foi un éxito para os organizadores, xa que conseguiron unha completa presenza institucional de todas as administracións e dos tres partidos parlamentarios (a imaxe daquela mesa quedará para a historia) e unha numerosa presenza de pintores, escritores, xornalistas e editores, unidos todos pola admiración á figura xenial do pintor de Donramiro.
Marcadores: Artes Visuais, Efemérides
Hoxe presentamos en Ourense A neve do tempo, un fermoso libro de arte froito da colaboración entre o escritor Alberto Pascual e o pintor José Antonio Ocaña. Para o crítico Juan Carlos García Alía, ambos os dous autores “forxaron un valioso libro de artista por cuxas páxinas despregan un fermoso espazo dual e equilibrado co que, a propósito do amor, a terra, a vida e a morte, as dúbidas, encamiñan ao lector ao goce analóxico de dúas artes orixinais que, en lugar de contrapoñeerse, se dan a man: os sentidos poemas de Pascual, e as suxestivas pinturas de Ocaña realizadas con lapis de cor, acrílico e impresións dixitais”. “A xa vedraña relación pintura-poesía, que clava as súas raíces na antigüidade, coas noticias reveladas por Simonides de Ceos (V a.C), Aristóteles (IV a.C.) ou Plutarco (II y I a.C.), patentadas na ut pictura poesis de Horacio (I a.C.); a inflexión do Laooconte de Lessing (1776), e a subseguiente ambivalencia sobre os límites interartísticos argumentadas durante séculos posteriores (Gombrich, Winesatt, Mitchell, etc.), renace nesta orixinal composición na que, como albisca Alfonso Palomares, o prologuista, lonxe do típico libro no que se ilustran uns poemas ou se rima a partir dunha iconografía, Ocaña e Pascual concatenan linguaxes autónomas nas que xurde harmonicamente un mesmo sentir nesta creación. Os propios artistas veñen conferir que este traballo, realizado de manera independente por cada un, conflúe ao xeito dunha percepción do visible e o sensible a través dunha vertente xánica –pintura e poesía–, cal virtual ambivalencia, mais cunha soa moeda: albiscar un retrinco de arte no que entre dúas verbas se desangra A neve do tempo.Marcadores: Artes Visuais, Ilustración, Novidades, Poesía, Presentacións, Xerais

Grazas a Marcos podemos coñecer na rede os grandes murais de Xoán Carlos e Xosé Luís de Dios sobre o perfil vigués que constitúen o fondo dos recitais de Fóra de sagrado de Anxo Angueira. Espectaculares, a verdade!Marcadores: Artes Visuais, Poesía, Presentacións
O pasamento do pintor e escritor Xaime Quessada entristece este fin de ano. Un dos máis importantes artistas galegos de sempre, o máis picassiano da xeración dos "artistiñas" ourensáns do Volter –un creador xenial, culto, xeneroso, combativo e desmesurado– Xaime abordou todas as linguaxes da pintura contemporánea, dende o realismo máxico inicial até a expresión cubista e non figurativa dos seus últimos traballos.Marcadores: Artes Visuais, Autores, In memoriam
Hoxe, acompañados polo alcalde Abel Caballero, presentamos Vigo por Magar III, un novo volume da serie de Magar, o fotógrafo da vida viguesa das últimas catro décadas.Marcadores: Artes Visuais, Autores, Novidades, Presentacións, Vigo, Xerais
Marcadores: Artes Visuais, Libro, Recurso_didáctico, Vídeos
Moi interesante esta páxina de Antonio Seijas, o ilustrador e o noso portadista da colección Fóra de Xogo. No espazo poden verse algunhas novidades, aínda inéditas. Os nosos parabéns. Recoméndoa.Marcadores: Artes Visuais, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil
No artigo da semana reflexiono sobre a proposta do tenente alcalde Domínguez de creación dunha pinacoteca no edificio da Reitoría, no contexto do estado actual de deterioro da rede de museos vigueses e da necesaria participación dos artistas na toma desta decisión.Marcadores: Artes Visuais, Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Vigo
Despois das dúas presentacións, onte en Vigo e anteonte na Coruña, da novela de Luís Rei Núñez e das primeiras recepcións de lectores (todas moi entusiastas e coincidentes en que a lectura destas catrocentas páxinas faise dun tirón), teño a impresión que esta será unha das novelas mellor valoradas e máis lidas dos últimos anos.Marcadores: Artes Visuais, Autores, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais
A rede atesoura algunhas posibilidades artísticas que quizais nunca chegamos nin a imaxinar. O blog do arxentino Juan Gallo (un dos máis suxestivos e sorprendentes que visito) presentaba onte unha fotografía panorámica do río Nilo que, nunha imaxe única e sen saltos, percorre 81,29 km dunha das súas beiras. Grazas a este procedemento podemos asistir na nosa pantalla a esta longa viaxe que comeza de madrugada e remata ao solpor.Marcadores: Artes Visuais, Imaxes