8.12.06

Premios da Edición 2006

O sábado 16 de decembro, no Salón Noble do Liceo Casino de Pontevedra, celebrarase a Noite da Edición 2006, na que se entregarán os Premios da Edición 2006 da AGE. Neste festa gremial dos editores galegos, Sabino Torres Ferrer (o máis veterano dos editores galegos en activo, responsable de Hipocampo Amigo e fundador da colección de poesía Benito Soto) recibirá o Premio á edición histórica galega e Isaac Díaz Pardo será nomeado presidente de Honra da AGE. Os finalistas dos Premios da Edición 2006, despois da presentación de candidaturas e primeira votación entre as empresas da AGE, son os seguintes:

Marcadores: ,

4 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Eu votaría isto:

Premio Ánxel Casal ao Libro de 2006: obviamente, "Os libros arden mal"

Premio Lois Tobío ao Libro traducido de 2006: calquera dos de Rinoceronte (non necesariamente os dous propostos)

Premio Isaac Díaz Pardo ao libro ilustrado de 2006: "Arquitectura popular de Galicia"

Premio Xosé Neira Vilas ao libro infantil e xuvenil de 2006: como a "Corredores de sombra" xa lle van dar o ano que vén o Premio Nacional de LIX, opto polo "Sari" de Marcos S. Calveiro

Premio Francisco Fernández del Riego á cooperación no labor editorial 2006: "Libro aberto" da TVG

Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor de 2006: Manuel Rivas, por suposto

7:15 PM  
Anonymous Anônimo said...

O libro de Xulio Gayoso para mín non ten dúbida no apartado de Libro ilustrado.

9:48 PM  
Anonymous Anônimo said...

Sería interesante para outros anos incluir un premio para a edición do mellor blog.

9:50 PM  
Anonymous Anônimo said...

Pawley: lea "O suxeito posmoderno", de Rebeca Baceiredo.
Obviamente.

2:49 AM  

Postar um comentário

<< Home