1.1.07

MMS 2007

O da morea de MMS de Aninovo dos amigos e amigas é un dos sinais máis acaídos deste tempo. Transcribo algúns dos máis recentes:
  • Que os tempos novos que estreamos esta noite traigan utopía, revolución e amores. E que, de non traeren, poidamos estrear tod@s outros tempos mellores.
  • As veces parecía que o 2006 ía acabar connosco... Pero, chegamos! Tema 2007: imos por ti.
  • Estos nubarrones no nos impedirán disfrutar del sol, amanece que no es poco. Urte berri on.
  • Xa é 2:D:-)7 o noso, que os trasnos rían, por que si, ou ... p.
AGARDO QUE O 2007 VEÑA PREÑADO PARA TODOS DE SAÚDE, ALEGRÍA, AMOR E DUNHA MOREA DE LIBROS LIBRES PARA GOZALO.
QUE A ESTRELA DA PAZ E DOS AFECTOS SEXA A QUE NOS GUÍE

Marcadores:

4 Comments:

Blogger Marinha de Allegue said...

Unha aperta de Ano Novo.
;)

3:01 PM  
Anonymous Anônimo said...

Agardo que neste ano que comeza ninguén perda a ilusión ninguén se venda. Que ninguén perda de vista as guías que dirixían a súa vida, os seus principios e ideais, que ninguén se venda, que ninguén se deixe mercar.
Que todos sigan tendo a mesma coherencia e independencia que tiveron ata xuño do 2004. Qu non se deixen arrastrar pola corrente que non anden ás crebas nin sexan wichicomas, agardando que a marea lles deixe aquilo que considere preciso pra ir tirando. Porque ás veces hai que posicionarse, hai que partirse a cara e comprometerse e non mirar pra outro lado.
Estou afeito desde sempre a pisar tódolos charcos e defender tódalas causas aínda que parezan imposibles. O que non se pode facer é só criticar cando convén cando nos interesa ou cando non gobernan ós nosos.
Estou farto de xente que agarda quentiña e silenciosa a que rematen tódalas loitas pra tirar proveito en cada ocasión; ós que non se posicionan, ós que agardan que a marea llles traia solucións, os que son pescadores en cada río relvoto, os que sempre pescan e nunca se mollan os pés. A todos eles Feliz Nadal , agardo que o aninovo que virá as uvas non sexan pregravadas

8:33 PM  
Blogger Beluka said...

Feliz aninovo!
Que sigades a encher páxinas de verbas e ilusións, seña na rede ou no papel.
Unha aperta

9:41 PM  
Blogger leco said...

Os nosos mellores desexos para 2007.
A familia pelacha

11:07 PM  

Postar um comentário

<< Home