O deber de coñecer o galego
Este artigo, publicado hoxe na edición de Galicia de El Pais, non me parece inocente. Baixo a aparencia dunha documentada argumentación xurídica, cuestiona a constitucionalidade do deber de utilizar o galego como lingua vehicular da Administración Educativa Galega. Ben sería que outras voces autorizadas no eido da lexislación sobre o uso da lingua galega ofrecesen o seu criterio de autoridade.
Etiquetas: Lingua
2 Comments:
Encantaríame que o señor CARLOS MARTÍNEZ-BUJÁN nos ilustrase igualmente sobre todos os recursos legais que podería tomar a xustiza en todos aqueles aspectos regulados pola citada Lei de Normalización Lingüística e que non se están a cumprir. Estaría interesadísima en que explicase polo miúdo as formas en que o peso da lei podería caer sobre todas as persoas que a incumpren día a día de maneira notoria mentres os fiscais miran para outro lado. Porque as leis, todas, son para todos, incluíndo, por suposto, aos que teñen o deber de aplicalas.
Mais unha vez, cómo pode ser que se sigan a misturar as churras coas meninas? Qué ten a ver o "deber" que eventualmente constará no Estatuto, de aplicación para todos os galegos co "deber" dos funcionários do ensino, que podemos decir que forma parte da "imaxe corporativa da empresa" e que está recollido de xeito contractual como os seus soldos, vacacións, moscosos, etc. Para un mellor servizo a todos os seus cidadáns, que son os que os están a finanzar, a Administración require que os seus funcionarios señan capaces de se comunicar cos eventuais usuarios. Qué menos!
Na maioría das ciencias o primeiro que se define é o dominio de aplicación dunha norma. Parece que nos desbarres pseudo-xurídicos esquecen esta base.
Postar um comentário
<< Home