Os pecados capitais
 Xa está nas librarías Os pecados capitais, a novela de Francisco A. Vidal, gañadora do premio Terra de Melide 2005 e coa que Xerais inicia a súa colaboración con este certame de narrativa promovido polo concello de Melide (o vindeiro mes aparecerá Os paxaros tamén migran ao sur de Silverio Cerradelo, premiado en 2006).
Xa está nas librarías Os pecados capitais, a novela de Francisco A. Vidal, gañadora do premio Terra de Melide 2005 e coa que Xerais inicia a súa colaboración con este certame de narrativa promovido polo concello de Melide (o vindeiro mes aparecerá Os paxaros tamén migran ao sur de Silverio Cerradelo, premiado en 2006).O texto de contracuberta que preparamos sobre a magnífica novela de Francisco A. Vidal reza así:
A soberbia de Andrés, un narcotraficante da ría de Arousa, lévao a asumir riscos e aventuras que o converten nun home rico, temido e adulado. Pero cando lle chega a hora da morte, Andrés ten que enfrontarse a todas as pantasmas do seu pasado, un pasado de maldade no que el sempre era necesariamente o primeiro, sen importar as formas nin os métodos para conseguilo. Con Andrés, xa no seu leito de morte, distintas persoas que conviviron con el e que agora agardan o seu pasamento, van relatando as súas convulsas relacións co narcotraficante e achegando, cadaquén, o seu particular punto de vista: o curo, a súa criada, o seu avogado, o seu fillo, o seu amigo Indalecio…, até a agardada confesión do propio Andrés. El mesmo tamén xulga a todos os que o rodean, arrogante e fachendoso, practicamente ás portas da morte. Novela multiperspectivista (narrada dende o punto de vista de sete personaxes), de lectura engaiolante, aborda a historia dun home que quere triunfar nun país de emigrantes sen saír da terra. A fame por medrar conducirao ao contrabando de tabaco e máis tarde ao “próspero” negocio do narcotráfico. O xurado que outorgou o Premio Terra de Melide 2005 subliñou que "o autor conseguiu unha gran profundidade na creación de Andrés, o personaxe central da novela".As primeiras páxinas da obra (que presentaremos en Ribeira, dentro dunhas semanas), poden baixarse en PDF aquí:Etiquetas: Francisco_A._Vidal, Terra_de_Melide






0 Comments:
Postar um comentário
<< Home