
Buscando recursos educativos na rede atopo ao chou o proxecto
Climántica, promovido pola Consellaría de Medio Ambiente. Esta iniciativa,
dirixida ao alumnado de Secundaria, pretende abordar os grandes problemas ambientais, relacionados co cambio climático a nivel global. Oito unidades didácticas e moito material de
sensibilización cidadá para descargar (algún moi pavero) poden atoparse nun magnífico sitio web. Gustoume moito e mesmo hai
debate científico sobre a orixe de certos datos. Recoméndoo vivamente.
Marcadores: Internet, Medio_Ambiente
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home