Campo do Fragoso XXXIX
O GLOBO DESINCHOU
A debacle diante do Mallorca demostra que o problema do Celta non era Vázquez, non. O globo da euforia provocado polos abrazos e a sintaxe fragmentada do simpático Stoichkov nas salas de prensa (que tanto ilusionou aos detractores do serio adestrador galego) serviron só para gañar ao Coruña. Porén, o partido de Zaragoza e, sobre todo, o de onte devólvenos a crúa realidade da situación agónica dun equipo que, na fase decisiva do campionato, carece de xogadores e de estratexia táctica solventes para atuar a rivais da súa mesma categoría. O Mallorca resolveu comodamente o partido nos primeiros vinte e cinco minutos. Abondoulle con plantarse con orde sobre o terreo, deixando que un incansable Ibagaza (que fixo o que quixo cun solitario Oubiña) empuxara a Jonás Gutiérrez e Arango sobre unha defensa e unha portería célticas que en cada ataque se desparramaba coma a manteiga. Inevitablemente, así chegarían os dous primeiros goles dos vermellóns, sen que os celestes amosaran capacidade ningunha de reacción. Coa reanudación e diante de tan contundente pallona, Stoichkov apostou por volver á fórmula tradicional de Vázquez, o dobre pivote, dando entrada ao conflitivo Pablo García (rifa ata cos seus propios compañeiros), o que supuxo un certo repunte do xogo atacante dos galegos que malograron algunhas oportunidades claras para acurtar a diferenza. Un espellismo que durou apenas dez minutos. Notouse, entón, a falta de Baiano e as escasas alternativas de remate deste equipo impotente que se precipita, se non o impide un milagre, cara á segunda división. O globo de Stoichkov (onte outro desesperado espectador máis) picábase coa mesma facilidade coa que foi inchado artificialmente pola xunta directiva celeste. Con estes vimbios tan endebles pode evitarse aínda o descenso? Unha pregunta que deberían responder o director deportivo Félix Carnero e o presidente Carlos Mouriño.

Etiquetas: Celta_de_Vigo
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol
1 Comments:
Unha desfeita total! Como e posible que tenhan tanta pouca capacidade de realizacion ou tan mala sorte. Acaso non ensaian a chutar nos entrenamentos.
Antes ainda escoitaba a retransmision pola galega ou se tinha sorte podia velo no Sky. Despois destes dous sablazos, vou pasar a mirar o resultados ao final do partido.
Ainda quedan uns cantos partidos, e hai que ser positivo. A verdade e que seguramente e mais facil ser positivo cando un non ten a facilidade de ir a Balaidos. Espero que non baixen, pero as veces penso que ao mellor seria bo (non economicamente), ainda que sone ridiculo sendo celtista ata a medula.
Unha aperta e noraboa polo blog.
Postar um comentário
<< Home