
Apenas transcorreu unha semana dende a aprobación da nova
Lei da lectura e do libro que liberaliza o prezo dos libros de texto da Educación Obrigatoria (Primaria e
ESO) xa coñecemos a estratexia agresiva das grandes superficies comerciais. A campaña de Carrefour non ofrece dúbida: "
Libros ao custo. Se os atopas máis baratos, aboámosche dez veces a diferenza". Quen dixo que coa nova lei na man non se podería empregar o libro de texto como reclamo publicitario? Co prezo libre, cal é o custo do libro? Temo que isto só acaba de comezar. Sempre tiven
moitas dúbidas sobre a eficacia da liberalización como alternativa á política de descontos. De non poñer couto a estas prácticas das grandes superficies (quizais sexan legais, non o sei), os libreiros de proximidade (se non lles chegase en Galicia co
modelo de préstamo) serán, outra vez, os máis prexudicados. Un tema que, pola súa enorme importancia para o sector do libro, seguiremos con atención.
Sobre a mesma cuestión, recomendo as anotacións de
Txetxu e
Joaquín Rodríguez.
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home