Santillana
Quen pode estar interesado na compra do Grupo Santillana? Moi interesante a resposta que proporciona Paradigma del libro.Marcadores: Editores, Libro de texto
Notas do traballo de edición
Quen pode estar interesado na compra do Grupo Santillana? Moi interesante a resposta que proporciona Paradigma del libro.Marcadores: Editores, Libro de texto
Sorpréndeme que Marcus e, logo outros chuceiros, consideren unha anécdota a presenza dos blogs nalgún dos libros de texto de lingua e literatura galegas recentes de Xerais. Máis alá dunha anécdota ou dunha presenza puntual, o interese pola textualidade electrónica está presente en todos os libros das novas series para ESO e de BAC. En Xerais, consideramos os blogs como un recurso educativo principal.Marcadores: Blogs_e_libros, Libro de texto
Marcadores: Libro de texto
A Asociación Galega de Editores acaba de presentar un novo informe sobre a modalidade de préstamo do libro de texto de en Galicia. O traballo, elaborado polo grupo PSICOM da Universidade de Santiago, que aborda os aspectos cualitativos do sistema de préstamo, entre outras conclusións salienta que "o 82% dos pais galegos enquisados considera que a principal desvantaxe do sistema de préstamo dos libros de texto é que impide ao alumnado empregar os manuais como ferramenta de traballo, limita as súas oportunidades de aprendizaxe e comprensión e non establece a gratuidade total; o modelo xera moito rexeitamento entre o sector docente e tampouco é aceptado de bo grado polos equipos directivos que ven na súa xestión administrativa unha enorme traba ao seu traballo".Marcadores: Libro de texto
NaBai demostra que outra política de gratuidade do libro de texto é posible. Ben sería que os responsables do Goberno Galego e os membros do novo Consello Asesor do Libro (onde, inevitablemente, nalgún momento se abordará o problema) utilizasen estes sólidos argumentos.
Marcadores: Libro de texto, Política
Hoxe La Voz de Galicia e Vieiros informan sobre os contidos do informe, encargado pola AGE e elaborado por un grupo de traballo da USC, sobre o impacto moi negativo da modalidade de préstamo do libro de texto sobre a viabilidade sector editorial galego. Non vou reiterar as miñas opinións sobre a cuestión que, desgrazadamente, son agora avaladas por datos ben contundentes. Transcorridos xa dous anos e medio de lexislatura, o conflito sobre a modalidade de préstamo do libro de texto continúa, a pesar dalgúns compromisos adquiridos pola Presidencia da Xunta e algunhas melloras técnicas da Consellaría de Educación, en punto morto. Mentres non exista unha política de lectura e do libro promovido como un eixo transversal polo goberno galego, que abranga o traballo de todas as consellarías, dificilmente pode solucionarse este problema. Aquel compromiso inicial da Consellaría de Cultura de promover unha Mesa Técnica formada polo sector e representantes das consellarías de Educación, Cultura, Industria e da Secretaría xeral de Política Lingúística quedou no esquezo. Ogallá este informe axude a reflexionar aos diversos responsables políticos e se puidese recuperar. A esperanza é o último que se perde.Marcadores: Libro de texto
Marcadores: Blogs, Educación, Libro de texto, Recurso_didáctico, Xerais
Agradécese moito esta reflexión de Txetxu sobre a cuestión do libro de texto. Estou convencido de que o novo sistema de prezo libre para o ensino obrigatorio implantado as presas, tras a recente aprobación da nova "Lei da lectura, libro e bibliotecas", moi pouco vai contribuír a revalorizar o libro de texto como ben cultural e educativo e a favorecer a competencia entre librarías e grandes superficies (temo que os libreiros volvan ser os grandes perdedores). Se a isto engadimos a confusión creada en Galicia polo funcionamento do modelo de gratuidade mediante préstamo (sendo rigorosos, incompatible con este sistema de prezos libres), temos asegurado un vindeiro mes de setembro caótico para as familias, libreiros, profesorado e os propios editores. Non debería alguén poñer un pouco de orde e sensatez no sector?Marcadores: Libro de texto
Marcadores: Libro de texto
Quedamos moi agradecidos por este recoñecemento de Ponte nas Ondas.Marcadores: Libro de texto, Xerais


Apenas transcorreu unha semana dende a aprobación da nova Lei da lectura e do libro que liberaliza o prezo dos libros de texto da Educación Obrigatoria (Primaria e ESO) xa coñecemos a estratexia agresiva das grandes superficies comerciais. A campaña de Carrefour non ofrece dúbida: "Libros ao custo. Se os atopas máis baratos, aboámosche dez veces a diferenza". Quen dixo que coa nova lei na man non se podería empregar o libro de texto como reclamo publicitario? Co prezo libre, cal é o custo do libro? Temo que isto só acaba de comezar. Sempre tiven moitas dúbidas sobre a eficacia da liberalización como alternativa á política de descontos. De non poñer couto a estas prácticas das grandes superficies (quizais sexan legais, non o sei), os libreiros de proximidade (se non lles chegase en Galicia co modelo de préstamo) serán, outra vez, os máis prexudicados. Un tema que, pola súa enorme importancia para o sector do libro, seguiremos con atención.Marcadores: Comercio do libro, Libro de texto
Marcadores: Educación, Libro de texto, Slideshare, Sociedade
Nestas brétemas abordamos, seguramente con reiteración, a problemática que suscita na edición en galego a modalidade de préstamo dos libros de texto. Non vou abundar en argumentos nin en datos sobre a cuestión. Remito ás informacións aparecidas hoxe na maioría dos medios sobre a presentación que onte fixemos en Compostela dun informe clarificador realizado polo Grupo Psicom da Universidade de Santiago:Marcadores: Libro de texto
Marcadores: Editores, Librarías, Libro de texto, Sociedade
Marcadores: Libro de texto
Marcadores: Libro de texto
Despois de oito meses o conflito suscitado pola modalidade de préstamo do libro de texto segue aberto. Hoxe a Federación de Libreiros presentou un informe no que reitera os seus argumentos a prol dun modelo que asegure unha gratuidade dos textos máis redistributiva socialmente e respectuosa coa canle de valor do libro.Marcadores: Librarías, Libro de texto
Marcadores: Libro de texto
Marcadores: Libro de texto
Marcadores: Libro de texto