Redeseños webs
La Voz de Galicia presenta hoxe un completo redeseño da súa edición electrónica, na liña das modificacións introducidas por outros diarios, ao tempo que ofrece a posibilidade de lela completa en galego grazas aos sistemas de tradución automática. Sorpréndeme o tamaño da tipografía (quizais un chisco grande de máis). Outro redeseño web deste Día da patria é o de Gznación, o diario electrónico nacionalista tamén moi mellorado no seu deseño e usabilidade. Dúas importantes novidades normalizadoras que merecen as nosas beizóns.
Etiquetas: La_Voz_de_Galicia; GZnacion
5 Comments:
O Xabier Pérez Igrexas, aquel que escribira moi duros artigos sobre o tema Valadés, e que ficaba desaparecido dende aquela, reaparece hoxe en Vieiros, cun novo artigo: http://www.vieiros.com/opinions/opinion/138/25-de-xullo-verba-movent-exempla-trahunt
O coordenador executivo do BNG na clausura da última Asemblea Nacional de Galiza Nova, afirmaba taxativamente que o único nacionalismo que existe, existe no seo do Bloque Nacionalista Galego, non porque non haxa outras persoas ou colectivos que reclamen esa definición para sí, senón porque só o BNG mete as mans na lama para transformar de maneira práctica e concreta a realidade do noso país .
Iso di no artigo Xabier. Como humorista non ten prezo. Dicir que non hai nacionalismo fóra do BNG ou dicir que son os únicos que transforman o país soa pelín soberbio.
O Culturas da Voz mantense inaccesible na rede??!!
Veño de escoitalo a vostede no programa "O faladoiro" e mais a unha profesora de dereito da Universidade de Vigo e non podo deixar de laiarme do doado que para algúns é coller o micro e falar por falar. A profesora de dereito (non lembro o seu nome) que compartía espazo radiofónico con vostede, malia ter serias dificultades co galego queixábase dos poucos alumnos que empregaban a nosa lingua, sra. profesora de dereito, ¿cantos profesores da súa facultade o fan? ¿un? ¿dous? ¿e non pensa vostede que son precisamente os profesores os que deberían comezar a dar exemplo empregando masivamente a lingua da nosa comunidade? claro, claro, os alumnos, que burriños son...o de sempre.
Actitudes coma esta non axudan á nosa lingua. Tampouco axuda a absoluta falta de sensibilidade coa figura de Isaac Diaz Pardo. Vostede non leu ningún libro deste home, iso é seguro, é tampouco sabe da súa enormidade como persoa, senón non se explica esa facilidade para tachalo de pesado con tema da memoria histórica. O que hai que ver, escoitar e sufrir, os nosos máis ilustres devanceiros cuxas vidas tan ingratamente adicaron á cultura agora son uns pesados. Estas declaracións son a consecuencia da "dictadura dos mediocres" e dos "idiotas" que vai ti saber como é que chegaron a onde chegaron...en fin.
Coa dictadura dos mediocres ou "idiotas" refírome a tantos "tertulianos" que nos abafan a diario con discursos baleiros e infundados que só tratan de manipular conciencias e dirixilas cara unha opción política. Digo, por se molestei a alguén, non era a miña intención, dende logo.
Ana Bande
Postar um comentário
<< Home