31.7.07

O Valedor e o galego

Moi mal comeza o novo Valedor do Pobo coas súas primeiras declaracións que rezuman os máis tópicos prexuízos sobre a lingua. Fóra do seu pobre uso do galego, o máis significativo é como se despacha co idioma de todos: unha lingua perigosa para a Xustiza, unha lingua que pode crear animadversión nos alumnos de Secundaria, ademais de considerar a medida da utilización do galego como lingua vehicular nalgunhas materias como unha "posible imposición"...
A anotación de acontrafío de hoxe é moi oportuna, así como o aluvión de críticas que provocaron semellantes e tan desafortunadas declaracións. Este maxistrado posuía o perfil máis axeitado para defender os dereitos lingüísticos de todos os cidadáns, unha das súas principais obrigas? Non semella un golazo en propia meta do bipartito? Oxalá nos equivoquemos: este nomeamento, se non hai unha rectificación inmediata, pode traer moita cola.

Actualización (01-08-2007)
: Moi clarificador o artigo de Xosé González Martínez (Pepe de Redondela).
Etiquetas:

Marcadores: ,

8 Comments:

Anonymous Anônimo said...

O comentario sobre a "perigosidade" da lingua procede dunha pequenísima anécdota (moi do gusto da clase xudicial, en xeral moi refractaria ao uso do galego) que adoitan poñer como dificultade: a suposta indistinción en galego das verbas "honor" e "honra" que en español designan dous delictos diferentes. É o típico argumento pars pro toto do que tanto gustan os leguleios para sustentar unha falacia. E que tal falacia saia do valedor invalida a súa idoneidade.
Por outra banda, o uso da tradución xurada (tan recente, que manda carallo, como que ata este ano non houbera exames) para sentenzas (outra cousa é o desenrolo dos xuízos) debe de ser escasísimo (e, de habela, máis ben será de dirección galego>castelán): aínda está sen avaliar o posible impacto (para mín nulo) desas dificultades.
Un bó valedor do pobo ten que estar ademáis de calado (a famosa discreción do século XVII, agora completamente esquecida), ben fundamentado nos seus xuízos.

11:41 PM  
Anonymous Anônimo said...

Logo destas manifestacións só compre o seu cesamento...albisco ca dignidade institucional pasa nestres intres por outras componendas, é dicir, é nula.

10:45 AM  
Anonymous Anônimo said...

Dende a Biblioteca do Colmeiro sumamos a nosa indignación... se suspender Matemáticas non é odiar as sumas!

12:02 PM  
Anonymous Anônimo said...

Nun país normal este home xa tería rectificado as súas declaracións ou, de non ser así, presentado a súa dimisión.
As declaracións son tan transparentes que sorprende a súa inxenuidade: o que fai é reflectir todos os prexuízos que sobre o galego posúe o grupo social ao que pertence. Un grupo minoritario, pero que copa moitos dos postos relevantes da sociedade. Se cadra, por iso acaban pensando que eles son a sociedade.
No que se refire ao ensino, sorprende esa preocupación polo que el chama "imposición del gallego" (ula imposición? É que non leu a Lei de Normalización e os obxectivos do recente Decreto para o ensino?). Iso si, nin unha palabra sobre o desleixo (cando non esmagamento) do sistema educativo en relación co galego nestes últimos 25 anos.
É esta a persoa que vai defender os nosos dereitos? A verdade, dá medo pensalo, porque o que parece é que vai defender só os privilexios do seu grupo social.

12:49 PM  
Anonymous Anônimo said...

Deberiamos recoller sinaturas ou organizármonos para botalo fóra. Non é comprensible que unha persoa escollida como "Valedor do Pobo" presente estas credenciais nos primeiros instantes do seu labor. U-los dereitos dos galegofalantes?

1:13 PM  
Anonymous Anônimo said...

Está moi claro que os deputados nacionalistas e socialistas non fixeron os deberes. Como puideron elixir a un señor que pensa e di estas cousas? Isto é gravísimo: un gol colado en propia meta.

Claro que debería demitir o Valedor, pero tamén os responsables parlamentarios que deixaron que isto pasase ó elixírenlo. Acaso non hai culpa de ninguén? Está un xa farto de que haxa deputados que traballen moi pouco e que cobren moito.

12:41 PM  
Anonymous Anônimo said...

Interesante a reflexión que fai Xabier Pérez Igrexas nun artigo no seu blog:
http://contradiscurso.blogaliza.org/2007/08/02/%c2%bfdebe-demitir-o-valedor-do-povo/

9:47 PM  
Anonymous Anônimo said...

O culpábel de avalar a un tipo tan impresentábel para Valedor do Povo ten un nome dentro do BNG: Aymerich. Debería demitir, se tivese un pouco de decoro.

3:51 AM  

Postar um comentário

<< Home