
Tras a
reconversión do club e a
liquidación case total do equipo das pasadas tempadas (aínda, a pesar da
marcha de Guerrero, quedan
compoñentes do
sindicato de festas), o problema máis acuciante do actual Celta de segunda é a falta de liderado. A ninguén pode extrañar que chegase tan axiña a primeira derrota dun conxunto no que ninguén saben quen manda fóra do terreo (din que as charlas na caseta as imparte o segundo do adestrador) e non que tampouco ninguén coñece quen é a referencia dentro. Non
abonda con lamentar que foron simples erros de concentración os que provocaron nos minutos finais o
empate co Córdoba e a
derrota de onte en Castalia. Os xogadores apenas se coñecen e tampouco saben a qué xogan (ou, canto menos cál é o patrón, se é que existe, que lle presta a Stoickhov). Haberá que agardar varias semanas para poder ir ubicando no conxunto a toda esta lexión de
rapaciños cedidos e de veteranos libres que nos trouxo a
última hora un
director deportivo, que ten a gala durar moi pouco alí ónde vai. Mentres non acougen, moito temo que chegarán novas derrotas e outras decepcións. Este Celta de Mouriño e Cobas segue á deriva. Paciencia! Quédanos, polo menos, o aliciente de seguir o que poida ir facendo
Borja na
Premier League.
Marcadores: Celta de Vigo, Fútbol
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home