As axudas á tradución
O aumento previsto das axudas de tradución é unha boa noticia, mais parece claro que o importe previsto é aínda insuficiente para dar resposta ao pulo do noso sector editorial e para promover efectivamente a internacionalización da nosa literatura. A información de hoxe no Pais-Galicia é moi aclaratoria. Cos datos na man a precariedade do noso subsector da tradución é evidente, sobre todo debido a que o sesenta por cento dos textos traducidos (datos de 2005) proceden do castelán, sendo a maior parte deles libros de texto e de literatura infantil e xuvenil. Con axudas cativas, coa presenza meramente publicitaria en máis feiras internacionais ou cun espazo na rede en inglés non se vai conseguir invertir esta tendencia. Precisamos unha extratexia de pais compartida por autores, editores e pola propia administración, algo que, mágoa!, aínda non cuallou. Ademais, dentro dunha nova política de Lectura (esa que se reflectirá cando sexa aprobado o Plan de Lectura de Galicia), o impulso da importación e exportación de textos será un dos eixos principais de actuación. A Consellaría de Cultura debería asumir estas ideas con maior determinación. Para cando a creación dunha Oficina de Promoción da literatura galega no mundo?
Etiquetas: Tradución
Marcadores: Traducións
5 Comments:
Supoño que os editores terán que facer algo tamén por vender os seus autores, e por intentar facilitarlles o traballo en canto a traduccións, promoción, etc. Non vale con deixalo todo nas mans da Administración. Se vostedes, editores, non se interesan por "vender" o que publican, mal imos. ¿Cando vai ser o día no que veñan vostedes dunha feira internacional con varios libros "colocados" no estranxeiro, e non só con libros mercados doutros países?
Penso que a nova web http://www.readgalicia.com/ que se vai presentar na Feira de Frankfurt quere promocionar a literatura galega no exterior. Agardemos que ocorre cando comece a funcionar.
O que di Pilar Sampil no País é unha auténtica vergoña. Que pidan que a Admon lle pague o 100% das traducións é un escándalo. Non se pode pedir respecto e promoción para as empresas e que logo pidan que mamá admon llo pague todo. É unha auténtica vergoña.
Tedes un modelo de negocio absolutamente autocompracente, non buscades novos ocos nin facedes nada imaxinativo para vender e, claro, queredes que a Xunta volo pague todo.
Conste que empresas como Rinoceronte -son superfan- e outras como a propia Xerais merécenme todo o respecto e creo que son moi necesarias para este país, pero creo sinceramente que hai demasiada xente que leva vivindo do conto toda a vida.
Un experto en márketing e publicidade non vos viría mal. En terra, e en tempos, de lobos, toca ouvear coma eles e buscar, se queredes, unha mensaxe máis orixinal e agresiva. Podedes contratar a ese das fotos da anorexia...
As políticas de axuda ás traducións (cubrindo o 100% dos gastos de tradución) son o pan de cada día en moitos países con linguas de poucos falantes como Islandia, Dinamarca, Suecia, a República Checa, ou mesmo en países de linguas co maior número de lectora/es do mundo, como Alemaña, onde subvencionan as traducións a outras linguas de obras xermanas "non comerciais" pero non por iso menos pertinentes (máis ben ao contrario). Creo que empregar este tipo de modelos, sen deixar de lado a promoción --cuestión urxente do libro galego (non só traducido), é un sinal de madureza cultural que merece todo o noso apoio.
Postar um comentário
<< Home