Certame Os Viadutos 2007
Esta mañá participei no acto de entrega dos premios do VIII Certame Literario de Narrativa breve Os Viadutos 2007, organizado pola concellería de Xuventude do concello de Redondela e dirixido a narradores menores de trinta e cinco anos. Levamos participando no xurado deste premio dende o inicio (alí premiamos textos de Samuel Solleiro ou Roque Cameselle) e considero que os dous relatos premiados nesta edición son algúns dos de mellor calidade. O primeiro premio correspondeu a Iván García Campos por "O camiño das formigas" e o segundo a Xerardo Neira Pereira por "A orella de Jenkins". No vindeiro mes de novembro publicaremos un volume coas dúas obras premiadas e cunha terceira ("A selva do caleidoscopio", presentada baixo o pseudónimo de Iskra-lhe) que mereceu unha mención do xurado. Un premio ben xeitoso que abre unha xanela para a visibilidade de tres narradores novos.
Actualización (21-10-2007): A noticia da entrega no Faro de Vigo.
Actualización (21-10-2007): A noticia da entrega no Faro de Vigo.
Etiquetas: Certame_Os_Viadutos_2007
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home