Saudades da Buchmesse

Ten moita razón Mayer, o máis importante de Frankfurt é o encontro cos amigos editores, moito máis que a compra ou venda de dereitos que, coas excepcións dos libros visuais, faise agora maís doadamente grazas á información e a comunicación proporcionada polos medios dixitais. As feiras internacionais do libro perderon centralidade no mercado de dereitos, mais son aínda imprescindibles para detectar as grandes tendencias da edición internacional, sexa nas tipoloxías de edición como nos procedementos de promoción editorial. Sei que aprendín moito sobre a profesión en cada unha dos Frankfurts aos que acudín, percorrendo os interminables corredores ateigados do aroma dos libros publicados en todas as linguas. Lembraba hoxe con saudade os xantares e os centos de cafés alí con Carlos Casares (encantáballe a feira), Víctor Freixanes, Xavier Senín, Pepe Puga, Damián Villalaín, Daniel Rozados, Nelson de Matos, Ramón Pernas, Emilio Pascual e tantos outros amigos de Anaya... Estou con Peter Mayer: "os libros e os amigos" no oficio de editor son as dúas cousas que realmente importan.
Etiquetas: Frankfurt_Buchmesse
3 Comments:
Pódolle dicir que despois de oito meses teño as miñas pezas implantadas e estou feliz. O proceso pagou a pena. Ánimo!
Por certo, a foto non se ve.
Prezado Manolo:
Que vaia todo ben nesa interevención (que irá, de certo). Unha aperta.
Postar um comentário
<< Home