Manuel Valente: editores de cultura ou de mercado
Manuel Valente, director literario de Ediçoes ASA, abriu a segunda xornada do IV Simposio cunha conferencia sobre "Editores de cultura fronte editores de mercado". Comezou a súa intervención describindo o proceso actual de concentración das editoras portuguesas arredor de grandes grupos editoriais, "cambios que necesariamente van afectar ao traballo das editoras e aos seus programas editoriais". Para o editor portugués, a pesar de que os editores de cultura e os de mercado representan modelos antagónicas, o dilema entre uns e outros é falso, xa que os primeiros tamén teñen que manter un "ollo no mercado", xa que se non o fixesen nalgún momento terían que botar o pecho" e os segundos non poden deixar de atender á calidade do texto. O dilema resolveríase "publicando o que dá e deixando publicar o que non dá, xa que de aí é de ónde poderán emerxer no futuro os grandes autores".
Na quenda de preguntas, Valente salientou a súa preocupación polo proceso de concentración da distribución que se está producindo, tamén, en Portugal, onde o 80% das vendas está nas mans das grandes superficies, da FNAC e da cadea Bertrand, "as librarías independentes están a desaparecer en Portugal, aínda que están xurdindo experiencias interesantes de novas librarías moi lúdicas e bonitas que poden axudar a equilibrar o proceso".

Etiquetas: Manuel_Valente
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home