
A
aprobación por parte da Asemblea Xeral da ONU dunha resolución (desgrazadamente non "vinculante") que pide a aplicación dunha moratoria ás execucións dos sentenciados a
pena do morte, como primeiro paso para unha abolición por parte de todos os estados, é unha das noticias máis esperanzadoras deste ano a piques de finalizar. A pesar da crise das Nacións Unidas este debería ser o primeiro paso no proceso inevtiable de abolición da pena capital, como xa sucedeu no estado de
New Jersey, o
primeiro dos estadounidenses en derrogala. Con todo, non debemos esquecer que actualmente entre
19.000 e 25.000 persoas están condenadas a morte en todo o mundo, e neste ano foron executadas máis de 1.500 persoas, un auténtico escándalo para a humanidade, un xenocidio tan legal como silencioso. Apoiamos, pois, a
campaña de Amnistía Internacional para conseguir un mundo libre de execucións.
Marcadores: Dereitos_humanos, Política, Sociedade
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home