7.1.08

"O segundo sexo" en galego

Coincidindo co ano do centenario do nacemento de Simone de Beauvoir (celébrase mañá, día 9 de xaneiro) publicaremos os dous volumes d' O segundo sexo na nosa colección Xerais Ensaio. Margarida Rodríguez Marcuño xa entregou a tradución do primeiro tomo que pretendemos presentar con motivo do vindeiro 8 de marzo. A edición desta obra fulcral no pensamento feminista é un dos máis vellos proxectos de tradución no que viñamos teimando dende hai anos, razón pola que moito nos satisfai poder anunciar hoxe.

Actualización (08-01-2008): Corrixo na anotación o erro da data do centenario (por atinada suxestión de Pawley): é, loxicamente, o 9 de xaneiro. Con este motivo o Diario Cultural da Radio Galega emitirá un programa monográfico sobre a figura de Simone de Beauvoir. Tamén podemos anunciar hoxe que a publicación estará coeditada por Xerais e a Secretaría Xeral de Igualdade.

Marcadores: , , ,

5 Comments:

Anonymous Anônimo said...

O 8 de xaneiro ou o 9?

12:15 PM  
Anonymous Anônimo said...

É o 9, pero é igual de fulcral

2:46 PM  
Blogger Brétemas said...

Por suposto, é o día 9 de xaneiro. Desculpas polo erro de tecleado. Con este motivo, emitirase un programa especial no "Diario Cultural" da Radio Galega.

6:12 PM  
Blogger Lúa Neghra said...

Parabéns pola iniciativa a Xerais e á Secretaría Xeral de Igualdade. Segue sendo necesario relermos O segundo sexo, case 60 anos despois de se publicar.

7:33 PM  
Anonymous Anônimo said...

Que nova tan estupenda! é fundamental que poidamos á fin acceder a textos tan fundamentais para os feminismos e para a cultura occidental en xeral. parabéns!

8:48 PM  

Postar um comentário

<< Home