
Foi moi interesante e viva a
mesa redonda de onte sobre "
Novas tecnoloxías e novas linguaxes". Moderou con moito xeito e coñecemento Manuel Gago que de saída presentou o estado da cuestión. Nas primeiras intervencións, conformáronse dúas posicións non antagónicas, aínda que si ben perfiladas na lectura do problema: a dos escritores (Francisco Castro e Rosa Aneiros) e a dos blogueiros (María Yáñez e Óscar Sánchez). Mentres os primeiros fixeron fincapé nos contidos e nas posibilidades de creación (a a literatura electrónica) e da palabra que permiten as novas tecnoloxías, os segundos insistiron nas mudanzas, para eles irreversibles, que provocará a dixitalización ("unha revolución semellante a de Gutemberg", "a reconversión da industria editorial é inevitable" para Yáñez; "todo o que sexa tecnoloxicamente posible, acontecerá" para Óscar). Na segunda quenda e nas réplicas, as intervencións xiraron arredor das mudanzas da cadea de valor do libro que supoñerá a dixitalización, nas posibilidades dos novos estándares de lectura e na aposta polo papel do editor e pola excelencia dos textos e do libro como obxecto.
Arume dos piñeiros fixo hoxe unha
crónica completísima do debate (extraordinariamente recomendable).
Varios medios fixéronse eco deste debate.
Vieiros completa hoxe a súa reportaxe sobre a cuestión e
Faro de Vigo achega novas opinións dos participantes. Un debate necesario que segue aberto (
como demostra estoutros realizado en Barcelona).
Marcadores: Eventos, Libro, Literacidade
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home