8.2.08

Barómetro hábitos de lectura 2007


Onte referiámonos ao Barómetro de hábitos de lectura e compra de libros 2007, elaborado pola Federación de Gremios de Editores de España. Hoxe podemos ofrecer a presentación deste extenso e concienzudo traballo (169 textos e táboas) que cómpre debullar devagariño (aconsello descargala). Entre os datos referidos a Galicia cómpre reparar nestes que son moi significativos:
  • Apenas o 4,9% do total da poboación galega maior de catorce anos le adoito en galego (en Cataluña o 21,6% e en Euskadi o 4,2% o fan en catalán e éuscaro, respetivamente).
  • Porén, o 54,9% dos lectores nosos, tamén o son habitualmente en galego (en Cataluña o 74,7% e en Euskadi o 35,9% o son en catalán e éuscaro).
  • Galicia está tamén na cola da porcentaxe de libros (50%), lonxe da media estatal (56%).
  • Porén, se excluímos a compra de libros de texto, Galicia ocupa, xa sen paliativos, a derradeira posición (39%) fronte á media (44,7%).
  • O 10% dos libros mercados en Galicia son en Galego (en Cataluña o 22,7% e en Euskadi o 6,5%, o son en catalán e eúscaro, espectivamente).
Volveremos sobre os datos deste importante estudo, que desagregados proporcionan moitas pistas para detectar tendencias que se albiscan sobre o futuro da lectura en España. O esforzo dos promotores do barómetro, cada vez máis completo e rico, merece o noso recoñecemento.
Etiquetas:

Marcadores: , ,

3 Comments:

Blogger Manuel Ángel Candelas Colodrón said...

Moi exhaustivo e moi interesante. E o que presentei como brincadeira no post anterior agora resulta non tan ocurrente: resulta que o 11 por cento dos lectores aproveitan o transporte público para ler, o segundo lugar en importancia despois da casa e antes, por exemplo, que en bibliotecas. Curioso.

5:51 PM  
Blogger Brétemas said...

Arume, as intuicións son moi valiosas, aí os datos (unha mera representación) para verificalas. A túa non é tal brincadeira, expresada douto xeito diriamos que a "lectura é un fenómeno urbano". Mágoa que en cidades coma a nosa, non se cumpra tan exactamente (esa, polo menos, é a miña intuición). Saúdos.

5:55 PM  
Blogger cneirac said...

É este dato tan malo como aparenta? Ten datos en perspectiva?

8:06 PM  

Postar um comentário

<< Home