Onte
referiámonos ao Barómetro de hábitos de lectura e compra de libros 2007, elaborado pola Federación de Gremios de Editores de España. Hoxe podemos ofrecer a presentación deste extenso e concienzudo traballo (169 textos e táboas) que cómpre debullar devagariño (aconsello descargala). Entre os datos referidos a Galicia cómpre reparar nestes que son moi significativos:
- Apenas o 4,9% do total da poboación galega maior de catorce anos le adoito en galego (en Cataluña o 21,6% e en Euskadi o 4,2% o fan en catalán e éuscaro, respetivamente).
- Porén, o 54,9% dos lectores nosos, tamén o son habitualmente en galego (en Cataluña o 74,7% e en Euskadi o 35,9% o son en catalán e éuscaro).
- Galicia está tamén na cola da porcentaxe de libros (50%), lonxe da media estatal (56%).
- Porén, se excluímos a compra de libros de texto, Galicia ocupa, xa sen paliativos, a derradeira posición (39%) fronte á media (44,7%).
- O 10% dos libros mercados en Galicia son en Galego (en Cataluña o 22,7% e en Euskadi o 6,5%, o son en catalán e eúscaro, espectivamente).
Volveremos sobre os datos deste importante estudo, que desagregados proporcionan moitas pistas para detectar tendencias que se albiscan sobre o futuro da lectura en España. O esforzo dos promotores do barómetro, cada vez máis completo e rico, merece o noso recoñecemento.
Marcadores: Cultura, Lectura, Slideshare