Exercer a cidadanía

Miguel Ángel Santos Guerra nun traballo moi clarificador que publicaremos proximamente, "Arte y parte. Sobre la participación ciudadana" (no libro colectivo Educación e paz, coordinado por Xesús R. Jares), concreta o perfil do que debemos entender por cidadanía. Tomei nota das sete mil matrices e apareceron estas afirmacións esenciais:
Os cidadáns son persoas críticas que pensan, analizan e saben por qué suceden as cousas. Os cidadáns son persoas que opinan e participan na vida pública (tanto por medio do exercicio do seu voto, como pola participación nas organizacións, asociacións e grupos que defenden tanto os seus intereses como aqueloutros de carácter xeral). Os cidadáns teñen dereito a esixir e a asumir riscos diante do poder (a afouteza cívica é unha virtude democrática). Os cidadáns teñen dereito a informarse, a ler criticamente, a cuestionarse as explicacións inconsistentes ou interesadas proporcionadas tanto polos gobernos como polas súas oposicións. Os cidadáns respectan aos outros e recoñecen e valoran a diversidade, son sensibles ás inxustizas e as desigualdades que existen na súa cidade, no seu país e no mundo non lle son alleas. Os cidadáns son persoas que viven de forma honesta, traballan de forma responsable e se esforzan todo o posible en mellorar ética e socialmente a sociedade na que viven.Fronte ao fastío da edulcorada mercadotecnia electoral, fronte ao reducionismo presidencialista (só parecen existir dúas opcións), ben está recordar estas esixencias da cidadanía. Hai participación cidadá máis alá de valorar se gañou Zapatero e Rajoy. Non teño dúbidas.
Etiquetas: Política
Marcadores: Política
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home