
O suplemento
Estela de Faro de Vigo dedica hoxe cinco páxinas a unha
longa reportaxe sobre as librarías galegas en funcionamento máis antigas. Así aparecen a
Libraría Balmes de Lugo (hoxe a máis antiga do país, fundada en 1887); a
Libraría Molist da Coruña (fundada en 1943, dedicada ao libro técnico e literario); a
Libraría Cao de Pontevedra (fundada en 1948, especializada en libro de arte e de vello); as librarías
Padre Feijoo (1955, dedicada ao libro escolar) e
Tanco (1950, de carácter xeralista), as dúas de Ourense; as librarías
Vetusta (dedicada ao libro de vello) e
Couceiro (1969, especializada en libro galego e de vello), as dúas de Compostela; a
Libraría Gráficas Santiago de Ribadeo (fundada en 1963, hoxe moi renovada) e a
Libraría Librouro de Vigo (fundada por
Antón Patiño e
Raimunda Pérez en
1967, libraría xeralista e educativa).
A reportaxe constitúe un percorrido pola historia de todas estas librarías (moitas delas cunha clara tradición de negocio familiar, que pasou de pais a fillos e, mesmo nalgún caso, como o de Molist, a netas), así como unha radiografía dos principais problemas actuais da libraría: inflacción editorial e sistema de préstamo do libro de texto. Unha reportaxe, preparada con mimo polo xornalista
J.A. Otero Ricart, que constitúe un referente sobre a situación actual das librarías independentes e familiares en Galicia.
Marcadores: Librarías
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home