Praza das letras
Beizóns! Este é un gran paso adiante no fomento da lectura galega. Completísimo, actualizado e fermoso.
Marcadores: Beizóns, Internet, Lectura, Recurso_didáctico
Notas do traballo de edición
Marcadores: Beizóns, Internet, Lectura, Recurso_didáctico
9 Comments:
Moi completo? Pero si hai unha chea de autores coas fichas baleiras...
Concordo plenamente e espero que esas carencias que sinala anónimo e que eu tamén notei se vaian solucionando.
Gustaríame que en cada obra se puidesen ver unhas fotografías do interior dos libros como ofrecen outras páxinas deste tipo.
Si, sen dúbida, hai que completar fichas de autores, "apenas hai mil fichas de libros" (o catálogo dispoñible de libro galego pode acada no mercado os seis mil títulos e nas bibliotecas perto de vinte mil). Unha catedral coma ese non se constrúe nuns cantos meses. Completa é a estrutura. Claro que se botan en falta algunhas cousas: non hai aínda referencias a blogs de lectura e libros; nin tampouco atopei enlaces co traballo modélico que se está a facer na rede de bibliotecas escolares; nin datos actualizados sobre o noso sector de edición... No entanto, estou convencido que coa estrutura e accesibilidade do espazo estas eivas poderán ser solucionados. Para min o importante é o camiño iniciado. Beicemos o traballo da Dirección Xeral de Creación e Promoción Cultural que, desta volta, para min, ben o merece.
Agardemos que ista páxina recolla a obra de toda a xente que co seu traballo aporta cultura ao país, sen distincions , amiguismos, parroquias,ou preferencias. Os visitantes da páxina teñen dereito a coñecer a todos os creadores. E nalguns casos, faltan datos.
E porque alguns libros se poden votar e outros non?.
Non esquezamos que as actividades da consellaria se pagan con diñeiro publico aporatado por todos.
Beicemos, beicemos :)
E logo non hai xa unha cousa semellante no cultura galega org? Porque se repite algo xa feito en vez de facer cousas novas? Esta conselleira anda desnortada
Un dos problemas que lle vexo a esta Praza das Letras é o choio que vai ter en mantemento, aínda que por sorte sexa menor co da Cidade da Cultura. Non é que os nosos escritores tiren libros ao ritmo de César Vidal, pero como van facer pra actualizar as fichas?En fin, seguro que por dicir isto xa pensan que son do PP.
O da actualización é un problema. O ideal sería que Prazas das Letras ou Cultura Galega puidese compartir a información elaborada polas editoriais (desde Xerais é un dos nosos obxectivos primeiros, aínda que non conseguido plenamente) ou dende as páxinas web dos propios autores e autoras. Por outra banda, non vexo incompatible este proxecto co Lg3, mais ben complementario, xa que non introduce un apartado de críticas.Valoro o esforzo de Prazas das letras como un esforzo de visibilización do libro galego (especialmente das súas novidades), un obxectivo que aínda non conseguimos.
No punto ese de "completar información" supoño que a Biblioteca Virtual Galega tamén pode aportar aspectos interesantes. De momento a páxina anda moi coxa nese aspecto pero a idea e o deseño parécenme bós. Oxalá funcione. Iso si, eu non mando beizóns que me dá cousa ;·D
Postar um comentário
<< Home