23.3.08

Vergonza

7 Comments:

Blogger Colectivo GZ-Israel said...

De verdade cres que o soldado está apuntando ao cativo? Non digo que estea trucada nin moito menos, digo só que unha foto, un fotograma tirado fóra do contexto pode deparar moitas sorpresas. Non son inxenuuo e non nego que nunha situación de conflito haxa brutalidades, mais que o soldado pose para o fotógrafo é un chisco rebuscado.

2:04 AM  
Blogger xosé da casanova said...

Noticias de Xornal:


Un neno, un neno abatido polos disparos do exército israelita un neno morto cun tiro
no ollo esquerdo un neno morto cando saía da súa casa morto cando saía da súa casa
un neno morto cando cazaba paxaros con liga un neno morto cando cazaba paxaros
un neno morto cando viña da escola co seu pai contra un muro, cun tiro no bandullo
mentres o seu pai o tapaba coas mans co corpo, coa mochila ao lombo, viña da escola
un neno morto por disparos do exército israelita cando saía da súa casa para xogar
unha nena ai enterrada baixo os escombros da casa derruída pola bomba do avión
un neno desangrado porque esa ambulancia non pode atravesar a liña de control
un neno asasinado cunha pedra na man, non tiña sequera tirafonda, asasinado
un neno esmagado baixo o carro blindado a pel pegada no asfalto, un neno
un neno morto a tiros ah cando saía da casa para cazar paxaros con liga
morto cando viña da escola, coa mochila ao lombo e merendando pan
morto mentres seu pai berraba e o tapaba co seu corpo dos disparos
un neno morto con tódolos seus seis irmáns baixo os cascotes, un
era un neno, era un neno, era un neno, era un neno, era un neno
unha nena neniña que cantaba anainas e brincaba á raiola
unha nena mociña que levaba das mans as súas irmás
unha nena de ollos negros e azuis, ollos como ceos
esa nena que saía da escola, que ría, que soñaba
esa nena mordida pola morte, as tempas rotas
esa nena, ese neno, esa nena, ese neno, esa
un neno abatido polas armas americanas
un neno abatido polos soldados, era
era un neno e está morto, morto
un neno abatido cando saía da
súa casa para cazar paxaros
con liga, un neno morto,
era só un neno neno
esa nena, ese neno
era o teu neno,
era túa nena
un neno
neno
meu
teu

1:33 PM  
Blogger xosé da casanova said...

A realidade é que de das numerosísimas vítimas civís do exército israelí, unha terceira parte son nenos. Iso é a realidade. A realidade pode deparar moitas sorpresas. O soldado non posa para o fotógrafo: fai algo cotián. Si, es inxenuo.

1:36 PM  
Anonymous Anônimo said...

na miña parroquia morreu unha nena. os veciños non regalamos bágoas, non, sofrimos por nós,pola morte da nosa historia.

2:53 AM  
Anonymous Anônimo said...

Esa foto, probablemente, non ha de aparecer en Galiza-Israel agora nin máis tarde; e non deixa de ser comprensible. Empeza a ser dificilmente encaixable, pola contra, que outros pagos tendan a eludir a crítica á política israelí, ou imaxes que poidan suxerila.

Os últimos eventos de Gaza deron e dan, verbi gratia, para pouca diatriba. En que radicará tal falta de atractivo? Pregunto con máis cansazo ca interese; pero é ben mirar a foto. Grazas, logo, Bragado.

11:04 AM  
Anonymous Anônimo said...

O poder da imaxe é tremendo. Esta foto un chisco rara demóstrao. Un pode ser solidario con quen así o considere pero deixarse manipular non é o camiño da verdade. Digo eu. E a foto é claramente rara.

3:38 AM  
Blogger xosé da casanova said...

Máis poder que a imaxe ten a palabra. Como tal, algúns utilízana para negar a evidencia. Deixarse manipular é malo. Manipular é peor.

11:28 AM  

Postar um comentário

<< Home