NaBai e a gratuidade do libro de texto
NaBai demostra que outra política de gratuidade do libro de texto é posible. Ben sería que os responsables do Goberno Galego e os membros do novo Consello Asesor do Libro (onde, inevitablemente, nalgún momento se abordará o problema) utilizasen estes sólidos argumentos.
Porén, sobre as posibilidades de modificar a modalidade de gratuidade do texto en Galicia, continúo sendo pesimista. A dúas probas me remito. Estas semanas atrás, coa intención claramente electoral, a Consellaría de Educación irrigou polos medios electrónicos publicidade salientando que as principais medidas da súa política de cambio educativo foron os "Libros gratuítos"; "Aposta polo multilingüismo" [sic]. O presidente Touriño e a conselleira Laura Sánchez Piñón, a pesar das boas palabras que expresaron nalgúns momentos, aférranse electoralmente e de forma populista a unha modalidade de gratuidade cada vez máis criticada e máis lesiva para o conxunto do sector do libro. Dende a outra banda do goberno galego, os nacionalistas, despois dos seus compromisos iniciais de apoiar ao sector do libro nesta cuestión, promovendo a creación dunha Mesa Técnica, cairon nun mesto silencio como se este problema non fose con eles nin afectase ao futuro do sector do libro. Ben estaría que esta posición de NaBai axudase a lembrar compromisos adquiridos por PSdeG-PSOE e BNG co sector do libro galego e a propoñer un novo modelo de gratuidade dende a esquerda.
Consultar a posición de NaBai é, ademais, unha boa oportunidade para visitar o seu web (non saltar o flash, paga a pena) e comprobar o seu esforzo por ofrecer outra cultura de comunicación política.
Grazas a Txetxu pola información.
Etiquetas: NaBai
Marcadores: Libro de texto, Política
2 Comments:
Poderias ponher umha ligaçom com a proposta? E que nom a dou topado :S
Grazas, Fer. Restaurei o enlace. Trátase dun artigo publicado pola parlamentaria de NaBai María Luisa Mangado Cirtés en Diario de Noticias.
Postar um comentário
<< Home