16.4.08

Normas do Hábitat

Se hai unha área no actual Goberno Galego da que nos poidamos sentir máis satisfeitos os cidadáns galegos progresistas é a da Consellaría de Vivenda. Dende o inicio da lexislatura, a conselleira do BNG Teresa Táboas ven acometendo un traballo rigoroso e teimudo chamado a provocar unha revolución de calado sobre aspecto tan complexo como é o da política de vivenda, un eido que afecta directamente á calidade de vida das persoas, ao rostro do territorio e, por que agachalo, tamén aos importantes intereses económicos en xogo (na construción de vivendas é onde se cocen hoxe as maiores fortunas). Despois de décadas de fracasos continuados das políticas públicas de acceso a vivenda (un dereito fundamental recollido na Constitución), a conselleira Táboas demostra que neste eido outra política é posible.
O primeiro e grande acerto da conselleira foi deseñar unha política estratéxica integral que abordase de forma transversal todos os ámbitos do problema: o regulamento das vivendas rurais, a recuperación dos cascos históricos e cidades monumentais, a política de chan, o mercado de vivenda protexida, os estándares construtivos, a participación corresponsable das administracións autonómicas e locais na xestión edificatoria e urbanística… Eidos todos eles inseridos nun modelo racional e sostible de organización territorial do país, de compensación de desigualdades sociais e territoriais, e de atención ás novas realidades sociais e comunitarias, expresados cun estilo político renovado baseado na discreción, austeridade e diálogo sectorial, o que non lle impide o exercicio da firmeza necesaria na defensa dos intereses colectivos (como sucedeu co presunto fraude das vivendas protexidas de Navia).
Entre o amplo abano de actuacións desenvolvidas nestes case tres anos de traballo do equipo de Teresa Táboas merecen o noso aplauso máis entusiasta pola súa afouteza as dúas “medidas corenta”: a que regula o solo urbanizable e as recentes “Normas do Hábitat Galego”. Non entendo, pois, a razón pola que os responsables socialistas da FEGAM, facendo seguidismo dos intereses dos construtores, pretenden boicotear a aplicación dunha norma aprobada polo goberno galego (onde eles están presentes). Ben debería o presidente Touriño clarificar a posición do seu partido. Este xogo partido non se entende.
Etiquetas:

Marcadores:

9 Comments:

Blogger Manuel Ángel Candelas Colodrón said...

Totalmente de acordo.
Os arquitectos de Vigo, en fin...

9:22 PM  
Anonymous Anônimo said...

Verbigracia.
MARTÍN CURTY (do Instituto de Estudios Vigueses!!)
Comenzaré pidiendo perdón por pertenecer al gremio llamado "del ladrillo"... Me refiero a ese conjunto de profesionales, promotores, artesanos, técnicos, especialistas en diversos oficios que tratamos de vivir del noble ejercicio de la construcción de edificios que demanda la sociedad en el marco legítimo del libre mercado.
Y me excuso porque últimamente parece que este sector es el culpable de todos los males pasados, presentes y porvenir que afectan a nuestro país.
Una vez asumido que, efectivamente, soy reo culpable y confeso de tratar de trabajar en un sector criminalizado, bajo la lupa fiscal, salpicado por el barro de la corrupción e intervenido hasta el límite por los múltiples estratos gubernamentales, permítanme que diga algo.
Desde hace unos años, "los del ladrillo" venimos soportando un nivel de intervencionismo legislativo que parece afectar por igual al signo político de cualquier gobierno local, autonómico, nacional o europeo al que se le ocurra la idea feliz de sacar una nueva ley destinada a "mejorar" un sector siempre bajo sospecha y necesitado de reformas.
Cuando aún no no hemos recuperado del efecto del Código de la Edificación, ya tenemos encima la Ley del Hábitat Gallego... Sin poder tomar aliento, cada semana, vuela sobre nuestras cabezas un nuevo ladrillo en forma de ley, norma, ordenanza, circular... encargado de enturbiar y burocratizar alguno de los pocos sectores del proceso edificatorio todavía virgen de legislación/tocho.
Aquí no hay piedad. Cuando no es el aprovechamiento energético es la accesibilidad, cuando no es el tratamiento de residuos es la habitabilidad.
Todo vale.
Y mientras tanto, las nuevas losas legislativas se van superponiendo una tras otra sin que se dé tiempo simplemente a consolidar, a cimentar, a demostrar la validez empírica de lo aprobado.
Tengo la sensación que en la administración hay una nueva casta de técnicos/legisladores, aspirantes a Licurgo, instalados en Alfa Centauro y decididos a paralizar a cualquier precio el proceso constructivo normal de una sociedad moderna.
Hace pocos días salía, bastante deprimido, de una de esas charlas informativas con que nos regalan (previo pago de tasas) algunos de estos ilustres técnicos/legisladores y un viejo compañero de batallas que caminaba a mi lado repetía: "¡Qué fácil es legislar...! ¡Qué fácil es legislar....!" Yo añadiría: Y qué difícil es legislar con prudencia y realismo.
Pero no desesperemos, en pocos días todo puede cambiar. Este panorama aburrido, gris, burocrático, puede mágicamente transformarse en una fiesta hippy, un trip psicodélico que ríete tú del Sergeant Pepper´s... Si un milagro no lo impide en el último momento, la siempre vanguardista Consellería de Vivienda transformará nuestras vidas gracias a ese invento llamado Ley del Hábitat Gallego. Todo lo que se diga de ese texto es poco... Llevo semanas tratando de digerirlo y debo reconocer que tan sólo se me ocurren referencias a los mejores momentos de Edgar Alan Poe, en su vertiente de relatos de terror, por supuesto.
El juego que esta legislación va a dar a todos los implicados o simplemente interesados en "el mundo del ladrillo" es de tal magnitud que sólo cabe nuestro agradecimiento. ¡Cuánto regocijo nos depara este texto dadaísta! El pequeño inconveniente de que esta nueva Ley pueda ser la puntilla para uno de los pilares económicos de nuestra sociedad es un tema menor.

8:47 AM  
Blogger Adolfo said...

Pois seguirá Martin praticando esa nobleza construtora con vivendas de coarenta metros ou máis, ben iluminadas, aireadas e orientadas. Claro, vostede preferiría os malabarismos de 26 metros, cos seus wc para facelo de pé, coas minicociñas para tallas modelo Zara-Stradivarius, muito mais apaixonante e un repto construtivo, comprendo a decepción.

Pois claro que están baixo sospeita todos os da construcción e o ladrillo e os alcaldes promotores, pero que se pensaban? Todos son en parte os culpábeis dos sanxenxos, marbellas, ribeiras, samiles, milladoiros... xa coñecemos a súa creatividade. Bon é que alguén lles mande a parar. Isto sí que é un troco real.

2:34 PM  
Anonymous Anônimo said...

O de Martín Curty é que non ten nome, ou mellor dito: si que o ten. Pensa que se fai o gracioso e o único que desevela é..., bah, deixémolo, todos entendemos perfectamente de que pé coxea ou de que boca tatexa.

4:14 PM  
Anonymous Anônimo said...

Non debemos confundir os nosos desexos ca realidade. Eu non aprezo grandes diferenzas entre as politicas fraguistas e as que desenvolve a conselleria actual. Se deixamos esa vision edulcorada do bipartito e analizamos os dados obxectivos, pouco ou nada cambiou. E non esquezamos que a conselleira taboas ven do gremio e ten, en moitos temas unha vision que coincide con iontereses especulativos.

5:40 PM  
Blogger cneirac said...

E o PP e Feijoo ao lado da FEGAMP. Xa non se lembran que hai nada estaban con medio Reino de España criticando á Ministra por promover vivendas de 30 m2. Agora protestan por aumentar o tamaño mínimo, ou sexa, por todo o contrario. Todo lles val.

8:44 PM  
Blogger d´Agolada said...

Hola, acábote de coñecer, tes un blog moi interesante, ei voltar maís veces. Tes razón en que a xestión da consellaría de vivenda está a ser moi boa, mágoa que non sexa tan eficaz como debera pero bueno, por algo se empeza.saudos

1:59 AM  
Blogger Nygard said...

Non entende vostede a postura da FEGAMP? Pois está ben clara, é exactamente a mesma que defende o Sr. Touriño.

3:34 PM  
Anonymous Anônimo said...

Non estou de acordo en absoluto coa afirmación do Brétemas. A Táboas está moi ben tratada polo medio máis importante deste país (como na Idade Media, cando os reis casaban con quen mellor conviña politicamente), e iso oculta moi ben a realidade: déanos datos, sr. Brétemas de cántas vivendas protexidas construídas e de canto solo industrial creado (tan necesarísimo, sobre todo para Vigo).

Con eses datos na man (o prometido e o cumprido) poderemos avaliar de verdade o traballo da Táboas. Un día con máis tempo búscoos e déixoos aquí.

2:41 AM  

Postar um comentário

<< Home