O fracaso da área metropolitana
No artigo da semana abordo o que entendo son as razóns do fracaso do proxecto da área metropolitana de Vigo. Creo que o cerne reside na incapacidade das forzas parlamentarias de acadar un acordo sobre a organización administrativa e política do territorio, para min, a grande revolución que precisa o país.
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política, Vigo
4 Comments:
Moi boa reflexion e moi boa critica Sr Bragado.Istos do "cambio" van a o facil, as cousas k dan traballo e rompedeiros de cabeza o van postergando. Imaxino k na Coruña pasa o mesmo, moito falar e pouco facer, as arboles non lles deixa ver o boske, e nin lles preocupa.Iso si, 1/3 do empleo xerado en Galicia seica e publico.A ver k soporta isto
A.Coruñes
O problema é ese "consenso" do que fala no artigo. Esa reorganización territorial precisa do fortalecemento das comarcas e parroquias e da desaparición de moitos concellos (rurais, ergo, do PP). Ademáis tamén suporía relegas ás diputacións a un papel simbólico.
O PP sempre defendeu o papel das diputacións (eu ainda non sei o que pintan) e non creo que estea disposto a perder tanto poder (e cartos) nesa reorganización territorial.
6 consenso está difícil.
Estou totalmente de acordo coa súa análise da organización administrativa, claramente obsoleta para a vertebración territorial creada co tempo. De todas formas, a min que figure Pontevedra dentro do marco metropolitano, sobre todo no que atingue a redes viarias, non me parece mal. Ou polo menos unha atención específica á creación de trens de proximidade frecuentes entre Pontevedra e Vigo, e mesmo con destino ao Morrazo ou ao Salnés. Pero creo que non aproveitamos os tempos de bonanza económica para crear infraestructuras ferroviarias para estas zonas. Preferiuse o automóvil.
xa mando o artigo á miña nova blogue, de copia e pega, http://www.blogoteca.com/bosexenerosos
Auto-publicidade aparte, comparto case a totalidade do exposto pero teño algunhas dúbidas.
O mapa co que ilustras este "post" é o da citada Declaración de Soutomaior, non?
Se é así, non entendo porqué non incluíron a Ponteareas e a Mondariz e si aos dous extremos Salvaterra e Fornelos de Montes.
Tamén falas de baixar o nº de concellos case á metade, véxoo moi complexo, ou mellor dito, non sei como. Ou si nalgúns concellos de moi poucos habitantes, que se unirían ao da beira con máis.
Podería ler algo arredor disto?
Postar um comentário
<< Home