21.7.08

Ramiro Fonte será homenaxeado o 28 de xullo en Ferrol

Recibimos con emoción a noticia que hoxe publica Perfecto Conde no seu blog sobre a homenaxe que recibirá Ramiro Fonte en Ferrol. Transcribímola polo seu enorme interese e animamos a participar no acto e enviar adhesións:
O próximo luns, 28 de xullo, ás 13 horas, no pazo do Concello de Ferrol, terá lugar o acto de homenaxe do mundo das letras ao escritor Ramiro Fonte. No seu transcurso, seralle entregado o Premio Porto Magno polo conxunto da súa obra, que lle foi outorgado por un xurado composto por Julia Uceda (Premio Nacional de Poesía), Iolanda Díaz (concelleira de Cultura de Ferrol), Félix Villares Mouteira (chanceler da Curia da Diócese de Mondoñedo-Ferrol e un dos mellores coñecedores da poesía galega do século XX), Miguel García-Posadas (presidente da Asociación de Críticos Literarios de España), Ramón Pernas (director da Fundación Ámbito Cultural de El Corte Inglés), Segundo Leonardo Pérez López (catedrático da Universidade Pontificia de Salamanca e coengo da catedral de Mondoñedo) e Ramón Loureiro (xornalista e escritor). Está prevista a asistencia do ministro de Cultura, César Antonio Molina, e van ser moitos sen dúbida os representantes da cultura e das letras galegas, da política e da vida soial, que se sumen a esta homenaxe que tanto merece o escritor de Pontedeume, que agora está pasando polo tratamento dunha dificil doenza.
Unimos entusiasmados a este merecidísimo recoñecemento para o noso poeta primeiro Unha candea esperanzada para Ramiro

Marcadores: ,

7 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Moitas grazas, querido Señor Brétemas, por facerse eco da homenaxe a Ramiro, que tanto a merece.

Será, estou seguro, un fermoso acto.

6:38 PM  
Anonymous Anônimo said...

Recibimos con emoción a noticia que hoxe publica Perfecto Conde no seu blog sobre a homenaxe que recibirá Ramiro Fonte en Ferrol

7:29 PM  
Anonymous Anônimo said...

Quen desexe enviar a súa adhesión á homenaxe a Ramiro o facer calquera consulta sobre o programa de actos pode facelo a través do correo do Real Coro Toxos e Froles:

amboage56@hotmail.com

A entrada á homenaxe do luns, que será no palacio municipal ás 13.30 horas, e libre.

Daránselles lectura ás mensaxes de adhesión.

8:27 PM  
Anonymous Anônimo said...

Félix Villares...
Para coñecer tan ben a poesía do século XX ben que mangou o título do tocho que lle publicou Tucho a maior gloria da curia.

12:25 AM  
Anonymous Anônimo said...

Anónimo, o título do libro que dis de don Félix Villares, Un alpendre de sombra e de luar, non está mangado de sitio ningún: é un verso de Noriega Varela, autor do que o coengo localizou, por certo, novos inéditos. Pero en fin, claro, xa se sabe o doado que é insultar anonimamente. Tempora, mores...

11:23 AM  
Anonymous Anônimo said...

O acto, finalmente, será ás 13.30 horas. No Palacio Municipal. Entrada libre ata completar o aforo.

6:59 PM  
Anonymous Anônimo said...

Ernesto,
grazas pola información, pero é innecesaria; eso que dis xa o sabía.
Ben sei o que digo, e don Félix tamén, entre outros.

12:03 AM  

Postar um comentário

<< Home