24.8.08

A encrucillada do adianto

3 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Eu penso k van a "primar" os intereses partidistas de casta e de poder.Haberá eleccions pa outono. (Antes k a crisi galopante na k estamos lles aparte do poder). Me preocupa mais o meu futuro e o euribor, k si gaña fulanito ou menganito. Benvido D.Manuel, e saudos dende Coruña
A.coruñes

1:15 AM  
Anonymous Anônimo said...

Un adiantamento das eleccións galegas ao outono vaille dar argumentos tanto ao PP coma ao PSOE sobre a excesiva dependencia dos socialistas galegos das directrices de Ferraz.

O BNG podería inculcar que eles só se preocupan de Galicia e non dos mandatos de Ferraz. Eles toman as súas decisións sen presión de outros (tómese nota das posicións de Montilla en Catalunya e as súas confrontacións co PSOE estatal a causa do financiamento).

O PPdeG podería aducir que non recibiron presións de Xénova para adiantar os comicios galegos. Na súa etapa, Fraga tivo mans libres para tomar esa decisión; Touriño vese que non.

Alén dos motivos que tan ben expostos no teu artigo do Faro de Vigo, un adianto electoral a outubro ou novembro implica que este PSdeG non ten nada que ver co PSC, acata coma un súbdito indolente as directrices de Blanco e Zapatero. Sacrifica o futuro de Galicia polo futuro do PSOE.

1:29 PM  
Anonymous Anônimo said...

Eu, sen embargo, levo desde a primavera e, sobre todo, desde os primeiros indicios da crise económica, coa suxerencia do adianto de eleccións. E razóns que eu esgrimo son as seguintes:
1. A lexislatura está esgotada. Os principais asuntos están enfiados e os que non o están (caso do estatuto) precisan dunha nova estructura electoral.
2. Para enfrontar unha situación económica negativa, precísase adoptar unha serie de medidas que, ao meu xuízo, deben ser explicadas polo miudo nunha concorrencia electoral. A estas alturas, non se pode improvisar cun ano por diante.
3. O nivel de cohesión intrapartidaria non é o máis idóneo, por moita necesidade que ámbolos dous partidos teñan. A min nunca me gustou moito o sistema de división dual do goberno, pero coido que aos protagonistas tampouco. Disimulan máis ca min porque non lles queda outra, pero unha nova composición do parlamento podería reconducir esa dinámica.
4. Un ano enteiro de campaña electoral non é soportable. Nin para os gobernados, fartos dunha presión mediática inútil, nin para os gobernantes, distraidos coa exhibición ostentosa dos seus logros. Para os opositores, o ano enteiro pode resultar eterno.
A argumentación de sucursalismo pode terse en conta para o futuro, pero moito me temo que ten poucos réditos políticos. Ou ningún. E o dos intereses partidistas, pois asegún. Ou é que o PP e o BNG dan por perdido o partido?
A min que se adianten as eleccións paréceme o máis lóxico dadas as circunstancias.

5:59 PM  

Postar um comentário

<< Home