Poeta europeo de primeira clase
Da emocionante homenaxe que onte ao mediodía se rendeu en Ferrol a Ramiro Fonte, quédome con esta frase do crítico Miguel García Posada: "Ramiro Fonte é poeta europeo de primeira clase". Ademais, puidemos escoitarlle recitar dous poemas magníficos dos que formarán parte do novo libro que está preparando este eumés universal.
Actualización (31-07-2008): fermoso artigo de Miguel Anxo Fernán Vello sobre a figura e a obra de Ramiro.
Actualización (31-07-2008): fermoso artigo de Miguel Anxo Fernán Vello sobre a figura e a obra de Ramiro.
10 Comments:
Tamén a min, querido Señor Brétemas, se me permite o comentario, a homenaxe me pareceu verdadeiramente conmovedora.
E déixeme expresarlle unha vez máis a nosa gratitude. Tanto pola súa presenza no acto, un regalo para Ramiro, que tanto lle quere, como pola difusión que lle deu e lle dá o seu blog ao acontecemento.
Emocionar, alí emocionámonos moitos, permítame que llo confese, aínda que que o axetreo destas cousas algo axuda -afortunadamente- a disimular as emocións que un sempre querería ocultar en público.
Seguro que a vostede tampouco lle pasou desapercibido, por certo, o feito de que o o propio Ministro de Cultura, Don César Antonio Molina, a quen un par de días antes se lle escaparan as lágrimas nunha comida de amigos con Ramiro falando precisamente desta homenaxe, quixo facer no Palacio Municipal de Ferrol unha intervención brevísima, precisamente para que a emoción non volvese poder con el.
Grazas a todos, a todos...!!!
Á Señora Conselleira de Cultura, ao Señor Presidente da Deputación Provincial da Coruña, ás corporacións de Ferrol e Pontedeume e a todas cantas representacións institucionais (Parlamento Galego, Senado, Curia da Diocese, Cabido Catedralicio, Cidade de Mondoñedo...) asistiron á cerimonia da entrega do Premio Porto Magno, á Homenaxe das Letras a Ramiro Fonte.
Grazas, con especial afecto, ao Concello de Ferrol, onde todas as forzas políticas traballaron xuntas para facer ese día posible, arredor do Señor Alcalde, Don Vicente Irisarri, e da Señora Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira de Cultura, Dona Yolanda Díaz.
Grazas ao Concello de Pontedeume.
Grazas, por suposto, a toda a familia de Ramiro (aos seus pais, a Elsa, a Chus...), a cantos fixeron do noso poeta o que o poeta é hoxe.
Grazas ao Real Coro Toxos e Froles, esa institución que garda a memoria de figuras das nosas letras como Don Xaime Quintanilla, dramaturgo e editor (nunha haberá, por certo, un Día das Letras Galegas para Quintanilla...?, desculpen que nos saian ramas sempre.)
Grazas ás xentes da literatura que alí estaban, no Palacio Municipal de Ferrol (Laura Caveiro, Vicente Araguas, Elia Rico...) fisicamente, a todas cantas se non asistieron en persoa, si se sumáron á homenaxe, en cambio, co corazón.
Grazas a todos vostedes, que fan máis grande Galicia coas súas vidas.. e coas maxias estas da Rede.
E grazas por suposto a ti, Julia, Julia Uceda, que tanto traballaches para que todo saíse ben. Grazas a vostede, Don Miguel García-Posada, presidente da Asociación de Críticos Literarios, por nos lembrar o que Ramiro é sobre todo, como ben di tamén Manolo un gran poeta europeo.
Grazas a vós, almirante Castro Luaces (Pepín) e xeneral Rey Seijo (Fito, galeguistas de corazón e sempre tan lectores de Ramiro, que nunca faltades.
Grazas a ti, Álvaro (Espilla), dono que fuches da tan recordada libraría Helios, e que con Ramiro compartiches, entre tantas outras cousas, a amizade do noso nunca esquecido Bonifacio Borreiros.
Grazas a Perfecto Conde, que non puido asistir porque a esas horas navegaba polo Mediterráneo pero que sen dúbida no medio do mar lería en homenaxe a Ramiro versos de Homero. Grazas a Perfecto, insisto, e ao seu blog, Croques.
Grazas a ti, Tito Ríos, fotógrafo de soños.
E a ti, Pedro (Blanco Llano), que onde te necesitan estás sempre.
Grazas, coas miñas desculpas, a todos os que neste momento non nomeo, para non extenderme máis. Grazas, moi sinceramente.
E grazas a Ramiro. Polo que escribe, e por ser como é.
Mentres agardabamos a que acto comezase, e e máis eu mantivemos, a soas, unha longa conversa no café Derbi de Ferrol. A luz do Atlántico, que entraba a través dos cristais, debuxaba anxos sobre o mármore das mesas.
Sentín que alí, con nós, estaban todos os vostedes.
Non puiden estar alí, sei que todo saíu marabilloso, e vaia hoxe a miña homenaxe ao Ramiro.
Os que estivemos na homenaxe a Ramiro damos fe do dito con tanta erudición polo amigo Almiral Mouchez. Só un pero, un esquecemento imperdonable por parte do afervoado Mouchez: no di nada da persoa que fixo posible esta homenaxe, o pío xornalista de La Voz de Galicia, poeta e dramaturgo Ramón Loureiro. Mouchez semella non ter en conta que este home co seu traballo humilde e calado -sempre fuxindo dos protagonismos- mobilizou como adoita ás forzas vivas, políticos sobre todo, e culturais da cidade de Ferrol para honrar a figuras que o merecen. Para cando a el outra homenaxe, Pedro Sanz? Xa está ben. Méritos non lle faltan como un dos grandes novelistas da terceira, cuarta ou novena bretaña europea, autor sen parangón de prosa requintada. Premio Castelao xa e beatificación "ipso facto", a ser posible. Milagros? Ter dado un premio(o Cidade de Ferrol, que non sei se aínda existe) a un autor morto (Antón Risco), e tantas e tantas cousas coas que diariamente nos fai felices aos lectores. Pero Mouchez, como te esqueciches do amigo Loureiro, home?
Es ti moi listo, anónimo. Pois para que te enteres o Moncho Loureiro ten gañado o Premio Eixo Atlántico e o Premio da Crítica, cousa que ti non farás coas túas grallas ortográficas e do corazón que se a envexa fora tiña xa estabas na UVI. Pois claro que un e dez premios máis para este ilustre ferrolán.
Dopico
Grazas a Ramón Loureiro e a todos os que fixeron poisble a homenaxe. Cónstame que foi un día importante para Ramiro Fonte.
Non, de Ramón non me esquecín. Penso que a súa contribución á homenaxe non foi para tanto, pero con todo heille mercar unha tableta de chocolate. Para homenaxes e premios non creo que estea el, francamente
(E para beatificalo menos, porque para iso, como vostedes non ignoran, antes hai que morrer.)
Esquecín, en cambio, mencionar a outras moitas persoas que colaboraron intensamente na homenaxe. A todas lles pido, de antemán, desculpas.
Persoas como a pianista Natalia Lamas, como o saxofonista Narciso Pillo, ao amigo Matalobos (fenés de pro), a Julio de Remedios, o mellor apicultor de Galicia e experto sineiro; a Modesto...
E por suposto, a todo o persoal dos departamentos de Cultura, Protocolo o Prensa do Concello de Ferrol.
En fin. Grazas a todos. E ata sempre.
Aquí coñecémonos todos, Almiral Moncho
Pois alégrame saber que todos nos coñecemos, Señor ou Señora Anónimo. E aínda me alegra máis saber que -por unha vez- soubemos facer xuntos unha cousa fermosa.
Boas tardes a todos e, insisto, ata sempre.
Creo que aquí anónimos somos varios, pero ao Almiral notábaselle ben o ego
Pois claro que nos coñecemos, Loureiriño, home, e tamén coñecemos a aqueles que che lamben o cu por representar ao medio que representas, La Voz de Galicia. A ver os teus amiguiños onde ían estar se non lles fixeras esas limpezas de sable nas que es un consumado mestre. Gustaríame velos se un día deixas de estar nese xornal porque algún dos que citaches coa túa retórica sebosa xa che ten calado, pero que cho diga el/ela se quere.
Ah! Boas tardes, e felicidades polo Eixo Atlántico e o Premio da Crítica, a educación ante todo.
Postar um comentário
<< Home