
Paso estes primeiros días de regreso á actividade cotiá debullando o magnífico e completísimo número do
Protexta de verán. As longas entrevistas con Chus Pato e Bieito Iglesias teñen moita miga. Non podo agachar a miña satisfacción pola excelente acollida das nosas últimas novidades narrativas (
Festina lente,
O profesor de vegliota e
Atracción total). Un número espléndido que consolida o suplemento literario de
Tempos como o noso primeiro referente de prensa literaria independente e rigorosa.
Marcadores: Críticas, Medios
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home