22.9.08

«Libro aberto», noutro horario, por favor!

Na madrugada de onte comezou outra nova tempada de Libro aberto, o magnífico programa de libros da TVG. A verdade que son de agradecer as mellores introducidas, sobre todo a de levar o programa fóra do plató (a entrevista a Manuel Rivas gravouse na imprenta Litonor de Santiago) a espazos vencellados coa cultura do libro. No entanto, resulta decepcionante o horario do programa, nada menos que a unha e media da madrugada do domingo para o luns. Hai que ser un auténtico heroe para manterse de pé a esas horas agrandando toda unha semana de chollo. Xa sei que me van dicir que se pode ver en Internet (mais hoxe luns á tarde, cando escribo esta anotación, o programa de onte aínda non subiu á rede). Nunca entenderei a teimosía dos programadores da TVG de ubicar este programade indubidable interese para máis de vinte mil persoas a esas horas. Non sería posible adiantalo un chisquiño, por favor!

Marcadores: ,

5 Comments:

Anonymous Anônimo said...

E gracias que non o suprimen, que será do que teñen ganas, igual que fixeron co Xabarín. Na casa, para que os pequenos escoiten tele en galego, poñémoslle a... poñémoslle a... É o que hai.

10:07 PM  
Anonymous Anônimo said...

O programa vale. A min gústame, pero eu devezo un espazo literario na tele divertido, dinámico, moderno onde de cando en vez escaches co riso.
susanamoo

10:30 PM  
Anonymous Anônimo said...

Tes un blog ben "curioso" susana
A.Coruñes

12:25 PM  
Blogger Manuel said...

Eu ata o de agora non vin ningún programa adicado aos libros que fose divertido, dinámico e moderno. Semella non ser fácil dar coa fórmula segreda. O que acerte, deberá rachar coas ideas preconcebidas dos programadores televisivos...
Un saúdo

11:44 PM  
Anonymous Anônimo said...

Pois todo é pórse..non si? Se ler é divertido, porqué non había de selo un programa que trate do asunto (do asunto literario, se entende).
Anónimo, dis curioso ao meu blog...Iso quer dicir que che gusta ou que non?
Saudos afectuosos

6:51 PM  

Postar um comentário

<< Home