22.9.08

Bravo, Suso!


O artigo de Suso de Toro de hoxe na tribuna de El País sobre a figura de Steiner volve ser oportunísimo. Estou con Perfecto Conde, é moi recomendable.

Marcadores: ,

8 Comments:

Blogger Maruxa said...

As veces penso que Suso estaría mellor calado.
Cando se pretende respostar hai un intre no que chegan as exemplificaxions; situacións que non se poden evitar … o intre máxico no que toca enumerar as obras estelares da literatura galega:

"Ignora las Cantigas de los Cancioneiros, las de Don Dinís, rey de Portugal, las de Santa María de Alfonso X, en el repertorio de agrupaciones de toda Europa y en los catálogos de los principales sellos. Desconoce la poesía de Rosalía en Follas Novas."

De Alfonso X a Rosalía: tremendo salto … nada menos que de séculos. E logo nos molesta que falen …

7:59 PM  
Anonymous Anônimo said...

Maruxa; a alguns, xa logo lles molesta todo, moita suceptibilidade
E si, a meu gusto o artigo bastante farragoso, gustame mais como escribe D.Manuel
A.Coruñes

11:11 PM  
Anonymous Anônimo said...

Maruxa, si, galga uns séculos chamados escuros.

11:45 PM  
Anonymous Anônimo said...

Artigo "oportuno" ou oportunista?

Deixando aparte o contido do artigo, sería bo que o autor fixese un curso de redacción (puntuación e gramática) e logo outro de adquisición de léxico.

12:12 PM  
Anonymous Anônimo said...

O exabrupto Steiner e non a estilo de Suso de Toro !!
Bravo tamén por Rubert de Ventós:
El español, ¡qué gran Lengua!
http://www.elpais.com/articulo...

6:31 PM  
Blogger Ulises Lima said...

Coido que por riba dalgunhas matizacións que só inqueden aos "eruditos", o público en xeral ben puido entender a esencia do mesmo; isto é, unha lamentábel intervención do Steiner, e unha oportuna reivindicación do galego como lingua importante e de peso. Engado que nin as alusións de Muñoz Molina(non descamiñadas, pero sí con motivacións distintas das do propio debate) nin algunhas aquí verquidas ofrecen moita mais luz sobre o asunto...soan a labazadas gratuítas ao Suso de Toro.

Un saúdo.

1:12 PM  
Blogger oooooo said...

Muñoz Molina tivo que procurar un argumento collido coas unllas para o rebater. De Toro igual meteu a pata co do hebreo, porén coido que quería facer o punto con respecto a Beshevis Singer o yiddisch. Con todo, o hebreo do Cantar dos Cantares (que Muñoz Molina debería ler en galego) é hebreo clásico ou hebreo bíblico que case ninguén considera a mesma lingua (o grego clásico e o grego moderno, por exemplo). De Toro meteu algo a pata (debeu dicir o hebreo moderno) e Molina como bo intelectual español fala agora, a destempo e sen argumentos.

2:11 PM  
Blogger oooooo said...

En wikipedia hai un excelente artigo sobre o tema do hebreo e as distitnas polémicas ao respecto. Moi indicativo, isto:http://en.wikipedia.org/wiki/Hebrew_language#Classification

2:13 PM  

Postar um comentário

<< Home