15.9.08

Para entender a crise

Este traballo de Joseph Stiglitz, nun día coma o de hoxe no que se desploman os mercados financeiros, axuda a entender as razóns desta crise profunda do capitalismo especulativo. Para o Premio Nobel en Economía de 2001 o problema principal da economía estadounidense é que dedicou pouco esforzo a administrar os riscos reais importantes, mentres que fixo moitos máis na creación de produtos financieiros que aumentan o risco: «Gastouse demasiada enerxía intentando facer diñeiro fácil; dedicouse moito esforzo a aumentar beneficios mentres non se dedicou o suficiente para aumentar a verdadeira saúde, se a saúde ven da produción ou das ideas novas». O fracaso dos mercados, responsables de asignar capital e administrar risco, é estrepitoso. «Nos últimos anos, os mercados financeiros crearon un casino de ricos xigante, no que xogadores potentados poden facer apostas de billóns de dólares contra outros. Estou entre os que cren que debe permitirse ás persoas adultas gran liberdade no que fagan, mentres non prexudiquen a outras. Mais velaí a fricion. Eses dilapidadores non se xogan os seus propios cartos. Tamén xogan o doutra xente. Poñen en risco todo o sistema financeiro, isto é, todo o sistema económico. E agora todos pagamos o prezo.» Máis claro, auga.

Marcadores:

1 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Non vou poñer en dubida a sabiduria dos expertos en economia ante a crisi,nin si son mais ou menos pro ou anticapitalistas.O k si xa poño en dubida e a reaccion dos gobernantes ante ela, nunca me olvidarei de "champions league" ou eso do "plus", ou a de "galiza potenza".
Vivir pra ver
A.Coruñes

4:54 PM  

Postar um comentário

<< Home