Vigo segundo Powerboat 1
Segundo leo na web dos organizadores da proba do Campionato do Mundo de Powerboat P1, que se celebrará en Vigo o vindeiro fin de semana, os idiomas que se falan en Vigo son o "Español" e o "Inglés ampliamente". Mais esta parvada non é a única, xa que no texto de presentación de "Vigo Spain" (que recomenda a web institucional do concello nun banner), a única vez que se cita a palabra "Galicia" é para denominala "provincia". Estas dúas boas meteduras de zoca –(como outras cuestionables recomendacións turísticas que se realizan para os visitantes, sexa dos museos ou dos restaurantes), que negan de cheo a existencia do idioma galego e reduce Galicia a unha mera provincia- non terían maior importancia (xa estamos afeitos a encaixar estas negacións da nosa identidade con humor), se non fose polo apoio entusiasta que a realización da proba lle proporciona a Tenencia de Alcaldía do concello vigués. Ben estaría que, polo menos, soubésemos cánto nos vai a custar ao peto de todos os vigueses esta competición organizada polo famoso produtor Mario Ubiaga! Incomprensible e anoxante que pretendan embobarnos con tanto glamour de tres pesetas!
6 Comments:
E de supoñer k o do barner e un erro,probablemente do "informatico" k o escribeu.
O "interné" non está moi vixiado, e hai esas meteduras de pata
A.Coruñes
Francamente, penso que Santi Domínguez xa se está pasando tres pueblos coa súa política de novo rico hortera.
O que habería que facer é unha competición entre pilotos de planeadoras, como pode ser "O Felo", do clan dos "Mulos", e estes chikilicuatres "parvenues" do circo das "powerboat".
Seria un xeito de "reinsertar" ós que agora se adican ó transporte de "fariña", e "visualizar" verdadeiras carreiras polas rías entre as lanchas do SVA e as planeadoras. Custaría moito menos diñeiro e daríase saída a profesionais do narcotráfico.
A espectación despertada pola planeadora varada e incendiada en A Lanzada podería dar unha idea da popularidade dun evento tal.
P.D.: A idea non está rexistrada; ofrezoa gratis por se o Ubiaga non anda moi fino desta.
CUANTA ENVIDIA...PUES OJALA MARIO SIGA HACIENTO ESTE TIPO DE EVENTOS...PUES VOSOTROS ESTAIS A AÑOS LUZ DE LA CAPACIDAD Q EL POSEE Y CLARO Q NUNCA LO LOGRARIAIS. MARIO SIGUE ASI!! ERES EL MEJOR...QUIEN MEJOR Q TU VA TRAER UN POCO DE GLAMOUR A VIGO.HAY UN AMBIENTE ESTUPENDO.
BIKO DE PORCO JAJAJA
La hiena es un animal que copula una vez al año y come carroña. Entonces, ¿de qué se ríe la hiena?
DE TI? JAJAJA
Postar um comentário
<< Home