
Entre a xeración de novos fotógrafos galegos formada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, ademais do
meu admirado Fran Herbello, sempre me gustou o traballo da coruñesa
Victoria Diehl. O seu
libro Vida e morte das estatuas seméllame impresionante; outrosí sucede coa serie
O corpo vulnerable,
traballos nos que realiza unha revisión moi orixinal do patetismo da escultura barroca italiana.
Hoxe levei a alegría do día cando Victoria me confirmou que acepta o encargo de preparar a imaxe de cuberta d'
A cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil.
Marcadores: Artes Visuais
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home