Le Clézio, Nobel 2008
O bretón Jean Marie Gustave Le Clézio é o Nobel de literatura 2008. Como case sempre a elección semella inesperada, a pesar de que neste caso era un dos candidatos que se manexaban nas quinielas. Ao coñecer a noticia axiña nos decatamos de que se trataba do membro da xeración do «nouveau roman» do que Xerais publicara en 1987, dentro da colección Xabarín (daquela dirixida por Ferrín e Luís Mariño), Mondo e outras historias. A tradución de Valentín Arias e Raquel Villanueva (ademais de premiada co Nacional e co Ramón Cabanillas) fora a primeira desta obra a outra lingua. O Nobel constitúe unha oportunidade para descubrir a un dos autores da literatura contemporánea francesa máis aclamados. Precisamente, a pasada semana, apareceu nas librarías francesas a súa última novela, Ritournelle de la faim, publicada por Gallimard (como a maioría dos seus case cincuenta libros), a historia dunha rapaza de vinte anos que se converte en heroína.
3 Comments:
Fíxome moita ilusión, Mondo foi un dos primeiros libros que lin en galego. Xusto esa portada... tería eu uns dez anos. Mil beizóns, e parabéns pola parte que vos toca. Grazas :)
Gran comentario o de Jaureguizar no seu blog: "O único que lin de Le Clézio é o nome en moitos sitios", nun momento tan propicio para o disimulo.
¿Bretón? ¡No fastidies, Manuel!Le Clézio nació en Niza (Francia). Su juventud en Bristol y Londres; vive 12 años en México... Habla inglés, francés y español. ¡Ah! sus antepasados del siglo XVIII emigraron de Bretaña a isla Maurizio.
¡Ya te vale, Manuel!
Postar um comentário
<< Home