28.10.08

Steiner será traducido ao galego por Xerais

Tras a polémica Steiner reflexionamos moito sobre o posicionamento da cultura galega no mundo. O debate foi ben produtivo e, finalmente, matizado. Nós chegamos á conclusión que como editores galegos tiñamos a responsabilidade de contribuír a profundizalo. Esta foi a razón que nos levou a explorar as posibilidades de traducir algunha das obras do polémico filósofo. Finalmente as xestións chegaron a bo porto e acadamos un compromiso cos axentes de Steiner para que Xerais publicase durante o ano 2009 dúas das súas obras: After Babel: Aspect of Language and Translation (1975) e George Steiner at the New Yorker (obra, aínda inédita, que aparecerá nos Estados Unidos no vindeiro mes de xaneiro). A estes dous títulos, que alicerzan o proxecto que iniciamos este ano de publicar traducións de importantes obras do ensaio do século XX, se unirán o segundo tomo d' O segundo sexo de Simone de Beauvoir (preparado por Marga Rodríguez Marcuño) e o Tractatus Logico-Philosoficus 1918 de Wittgenstein (traducido por Arturo Leyte). Cremos que este é unha aposta necesaria para incrementar o acervo do patrimonio cultural galego, ao tempo que debería contribuír a que fose máis valorado e mellor coñecido no mundo.

Marcadores: , ,

4 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Non hai mal k por ben non veña.
Fai vostede moi ben, k as cousas logo se sacan de kicio, e total "pa na"
A.Coruñes

11:25 PM  
Anonymous Anônimo said...

Meus parabéns!
Que decisión máis interesante!

12:35 AM  
Anonymous Anônimo said...

Unha boa noticia.

1:33 PM  
Anonymous Anônimo said...

Non vou ser eu quen o merque.
A min a iñorante non me gaña nin Steiner.

10:06 PM  

Postar um comentário

<< Home