Obama: esperanza
Esperanza é, tras a rotunda vitoria de Obama, a palabra clave do día de hoxe. É innegable que a campaña do demócrata, alicerzada nas ferramentas da comunicación dixital foi impresionante, como o é a súa forza oratoria nos momentos estelares capaz de chegar a emocionar. Mais o maior éxito de Obama está nas enormes doses de autoestima (ese «we can») e de xpectativas de cambio que xerou nos máis diversos sectores da cidadanía estadounidense, ata agora tan desesperanzada como rota polo soño imperial inacadable de Bush e pola súa enorme incompetencia. Obama, ata agora un xestor e activista de base, ten moitos retos por diante: xestionar dúas guerras que sabe que o seu país non pode gañar, restaurar o multilateralismo e acometer profundas reformas sociais (dende a reforma sanitaria á educativa). Sabemos que o seu maior inimigo é a ambigüidade calculada coa que se expresou sobre algúns destes temas. Porén, e a pesar destas dificultades obxectivas, son moitos millóns de persoas no mundo as que teñen esperanza en que o cambio tranquilo de rumbo que prometeu este primeiro líder mundial do século XXI se vaia producindo. Hoxe tamén o esperamos nós.
Marcadores: Política
4 Comments:
mmm... non sei que dicirlle.
Supoño que non fará miragres pero será muito millor ca o Bush.
Independientemente de como o faga Obama, algo está a brillar en América coma cen soles.Cando nena choraba ríos de bágoas lendo La cabaña del tío Tom. Pensar que un negro vai gobernar o case mundo, a vivir,durmir,xurar e amar na Casa Blanca, encheme de ledicia. Nestes momentos os tantos que loitaron e morreron pola igualdade, os océanos de escravos que foron e inda son, están a cantar conmigo.
Amara Orzania
Asombrame ver a o povo americano chorando e embelesado co novo "mesias". Mesias, para min, soamente houbo un, e morreu fai mais de 2000 anos.Os milagres a Virxe da Barca.
Por certo, o k si me asombrou foi un reportaxe de tv sobor a vida de McCain.Ten mais vidas k un gato.
A.Coruñes
Postar um comentário
<< Home