9.12.08

Benvido, «Xornal de Galicia»

Recibimos con alegría o primeiro número de Xornal de Galicia, a primeira cabeza periodística que se define como galeguista no periodo autonómico. Haberá tempo para aquilatar as intencións e a liña informativa do proxecto encabezado por José Luis Gómez, mais é indubidable que a presentación do produto é impecable (especialmente o deseño e a disposición tipográfica) e o enfoque informativo moi atractivo para a lectura. Un medio que abre un pouco máis o pluralismo informativo no país, abandonando a confrontación entre territorios polo debate entre posicións ideolóxicas. Un paso importante para a nación. Benvido, pois, este Xornal de Galicia saído hoxe de trinque. Desexámoslle os maiores éxitos.

Marcadores:

3 Comments:

Anonymous Anônimo said...

O estiven olleando na sua web, a ver si e verdade k ..."abre un pouco máis o pluralismo informativo no país, abandonando a confrontación entre territorios polo debate entre posicións ideolóxicas."
O k me sorprende e k está a mitade en galego e a outra en castelan (todos os publicos)

Segun teño entendido o dueño e o promotor reconvertido a editor de "San José"
cousas da crisi
A.coruñes

8:17 PM  
Anonymous Anônimo said...

Arredemo, señor Brétemas, se o máis positivo que atopa no Xornal este é o deseño e a tipografía... mal (pero que moi mal) vamos.

8:44 PM  
Anonymous Anônimo said...

Feita a primeira incursión en Xornal de Galicia (versión dixital Xornal.com) mal empezamos...

O meu comentario versaba sobre o pluralismo e preguntabame se 'galeguistas e progresistas' eran unha ou dúas categorías...?

Pero lamentablemente este comentario NON FOI PUBLICADO...

Agora teremos que ver o rumbo que colle o barco pero de entrada NON!

5:34 PM  

Postar um comentário

<< Home