13.1.09

As cubertas de Daniel Gil

As cubertas que Daniel Gil preparou para Alianza Editorial marcaron un fito na historia do noso deseño editorial. Aquí está unha boa recompilación (938) en flickr realizada por Álvaro Sobrino. Unha gozada, tanto o traballo de Gil como a xenerosidade de Sobrino! Os editores, os deseñadores, os estudantes de deseño temos moito que aprender consultando este fondo espectacular. Alguén se atreve a dicir cál éa súa preferida?

Vía: Proxecto Q. Grazas, Danilo.

Marcadores: ,

3 Comments:

Blogger Danilo said...

Non hai de que, un pracer que visitase a miña humilde morada e un pracer maior que a citase.

A ligazón chegoume a través de http://www.quintatinta.com/ o blog de Diego Areso, do equipo de deseño do diario Público.

Recollo o reto e postearei as miñas favoritas de Daniel Gil (que as teño).

11:40 PM  
Blogger folerpa said...

Meu benqurido ex-fumador, eu atrévome.

11:16 AM  
Anonymous Anônimo said...

Xa que aparece unha novela de Hammett como exemplo das cubertas de Daniel Gil, velaquí unha ligazón para ver algunhas de clásicos negrocriminais editados en EEUU. Paga a pena.

http://www.vintagepbks.com/covers_by_author.html

12:54 PM  

Postar um comentário

<< Home