10.1.09

Xerais 2009: trinta aniversario, 3.000 títulos

Hoxe no suplemento «Nós» do Xornal de Galicia dedicado ás novidades do sector editorial galego para o 2009 adiantamos o que será unha parte do noso programa para este ano no que celebraremos o trinta aniversario da editorial e superaremos os 3.000 títulos publicados.
É moi de agradecer a xenerosidade de Xornal de Galicia dedicando quince páxinas a informar coa maior amplitude sobre o libro galego. Este suplemento constitúe un auténtico fito. Unha mostra de autoestima coa literatura de noso. Beizóns para os seus responsables.

Marcadores: , ,

5 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Na anotación anterior falaba da promoción literaria, e tamén noutras de máis atrás. Nesta anotación anuncia as novedades do ano que empeza.
¿Promoción literaria? Está ben iso da promoción literaria... Pero tamén está ben que haxa libros nas libreirías. Eu quixen comprar algúns libros precisamente de Xerais neste Nadal para os meus agasallos, entre eles o último Premio Xerais de Novela e o de Xusto Beramendi, todo un Premio Nacional, e en algunhas libreirías estaba esgotado. Iso está moi ben, é unha boa sinal. Pero seica a editorial non servía máis libros desde mediados de Decembro, así que non os tiñan (Debe de ser porque, como no Nadal non se venden libros, por iso a editorial non sirve libros...) Pois aínda hoxe saín a comprobalo e siguen sin estar nesas libreirías. ¿Promocionamos libros para qué? Para que despois os lectores vaian a compralos e non os atopen. Libros en castelán desde logo sí que os hai... ¿Promoción literaria? ¿Máis novidades? ¿Para qué?...

4:46 PM  
Blogger Brétemas said...

Serxio: por favor, escríbeme o meu correo (bretemas@gmail.com) quixera que en privado me completases a información. Quédoche moi agradecido. Adianto as desculpas polas deficiencias do noso servizo.

5:43 PM  
Blogger Marcos Valcárcel López said...

FELIZ 30 aniversario de Xerais. A cultura galega sería moito máis pobre sen a vosa decisiva achega nestas tres décadas.

9:20 PM  
Blogger albixoi said...

Parabéns polos 30 anos desta magnífica editorial. Que os próximos 30 sexan a confirmación dunha literatura galega completamente normalizada e chea de éxitos.

2:03 AM  
Blogger R.R. said...

Parabéns polos trinta anos de letras e gracias por ser o único en todo o suplemento en falar de literatura teatral.

12:45 PM  

Postar um comentário

<< Home